
Previas da Xornada 26.10.25
SENIOR
O vindeiro sábado, o Bm. Culleredo desprazarase a Pontevedra para enfrontarse, na sétima
xornada de 1ª Nacional, ao histórico conxunto do Teucro.
Os cullerdenses, desexan resarcirse da derrota da pasada fin de semana no derbi ante o Calvo Xiria e facelo nunha pista e ante un equipo como o teucrista, sería volver dar unha badalada de pompa como hai dúas semanas en Bueu. O equipo de Culleredo chega ben, competendo todos os partidos e tan só queda
mellorar o xogo no posicional con respecto á semana pasada e manter as prestacións defensivas ante un conxunto potente como o pontevedrés.
O encontro disputarase o Sábado ás 20:00h no Municipal de Pontevedra.
XM - GALAICO CARAVANING
Na mañá do sábado o noso equipo xuvenil disputa a 4° xornada ligueira.
O rival nesta vez serán os nosos veciños do Club Balonmán Atlántico, derbi local no que os nosos terán que aplicarse en todas as facetas do xogo se queren pelexar o triunfo.
CM - DESPREOCÚPATE.ES
O vindeiro domingo, o Bm Culleredo Despreocúpate.es recibirá, dentro do marco da Liga Ouro
cadete masculina, ao Serviauto Bueu Atl. Bm.
Trátase dun dos favoritos nesta competición, por tanto, os cullerdenses, terán que elevar as súas prestacións en todas e cada unha das facetas do xogo para poder quedarse cos dous puntos. Principalmente, será de vital importancia a intensidade e contundencia a mostrar na retagarda, onde o equipo de Culleredo terá unha labor difícil para frear o potencial da primeira liña budetense.
Os xogadores de Culleredo están animosos despois do bo inicio de liga e desexan continuar invictos ao remate deste esixente test. O partido disputarase ás 13:00h no Municipal de Almeiras.
CF - SUTENOR
O Sutenor recibe o domingo ao Sanxenxo, un equipo en crecemento, o cal está a demostrar nos últimos encontros .Para obter a victoria o Sutenor terá que ter moita disciplina e xogar colectivamente algo que está a ser un punto débil nos últimos encontros.
CM - CRISTALERÍA GESTAL
Despois do mal encontro da pasada semana fronte ao Arteixo, buscan os nosos resarcirse e amosar o seu nivel real fronte ao Ribadosar. Teñen os nosos que dar un salto a nivel táctico e sobre todo amosar outra intensidade defensiva que nos permita ser superiores e conseguir sair ao contraataque de forma contínua.
CF - CANOSA ABOGACÍA
Este próximo sábado, as cadetes do Canosa buscarán a súa terceira vitoria ante o Ribadosar. Para iso deberán entrar moi concentradas, xogando cun ataque máis colectivo, en comparación ao encontro anterior, e tratando de ser máis contundentes en defensa.
IM - ARES Y FUERTES
Terceira xornada da Liga Ouro para os nosos infantís, que buscarán sumar 2 novos puntos que os manteñan na parte alta da táboa clasificatoria. Tralo doloroso empate da pasada xornada fronte ao Carballal veñen os nosos con moitas máis ganas das habituais, as posibilidades pasan pola mellora da fase defensiva, donde debemos ser moito máis agresivos na presión nas liñas de pase e traballar na desposesión do bote.
IF - REMAX RIAZOR
Este sábado ás 10.30 as infantís do Remax reciben ao Cisne no Pavillón Municipal de Almeiras. As cales depois dunha derrota, buscarán retornar a vitoria nun encontro que estará moi igualado. O equipo que menos erros cometa poderá levarse a vitoria .
IM - ÓPTICA GALLAECIA
Os rapaces do Bm Culleredo Óptica Gallaecia afrontan esta xornada un novo encontro no que queren mellorala imaxe ofrecida no anterior encontro fronte ao Liceo. Desta vez mediranse aos de Santiago nun exisente encontro, no que deberemos ser quen de defender de forma adecuada para poder levarnos os 2 puntos.
FORZA CULLE!!
