
Desprazábanse os nosos rapaces do Óptica Gallaecia ao Liceo para afrontala segunda xornada da Liga Prata infantil masculina.
Chegaba os nosos ao encontro de facer un bo partido na anterior xornada, pero esperaba un encontro diferente, cun equipo moi superior antropométricamente.
Comezaba o encontro e veríase unha clara superioridade dos locais, que nos superaban en todas as facetas do xogo, cun 1x1 definitivo en todos os postos. A nosa defensa víase falta de axudas e moi planos no 1x1, pero co paso dos minutos iríamos corrixindo.
Xa no segundo tempo seríamos quen de comezar a competilo encontro, mantendo a distancia que acadaran na primeira parte. O xogo sen balón comezaba a aparecer e con iso a defensa do Liceo sufría. Sen embargo os erros de lanzamento lastráronnos e non puidemos acercarnos no marcador.
Levámonos unha lectura positiva dun segundo tempo moi válido para un equipo que está a medrar!
Liceo La Paz: 32. Leo, Oriol, Víctor, Rubén, Mateo, Alejandro, Lucas, Iker, Carla, Martiño, Santiago.
Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 27. Ian, Jorge, Oliver, Pedro, Nicolás, Xabier, Mateo, Leo, Adrián, Pablo, Iker, Darío, Nicolás.
Árbitro: Rubén Sánchez.
Incidencias: Partido correspondente á 2° xornada da Liga Prata Infantil masculina.
