Saltar ao contido

O Cristalería Gestal vese superado en Arteixo

Visita dos nosos cadetes do Bm Culleredo Cristalería Gestal aos veciños do Reprint Arteixo Bm, un difícil desprazamento ao que os nosos chegaban con ganas.

Comezaba o encontro cun intercambio de golpes por ambos equipos, cos nosos moi abertos en defensa e permitindo que os máis fortes xogadores rivais penetrasen sen dificultades.

O encontro cambiaría arredor do minuto 8, coa mixta plantexada polos visitantes a Javier e a cerrada e superior físicamente defensa do Arteixo, que nos sería imposible de atacar de forma adecuada durante todo o encontro.

Con insto teríamos bos momentos durante o partido, con 10 minutos de bo xogo colectivo e chegando co balón gañado a ambos extremos que mantiñan unha boa eficacia, pero os erros defensivos unidos á superioridade de tamaño e forza local facíannos imposibles manternos no encontro.

Na segunda parte, dentro do cansancio e as dificultades, teríamos bos momentos chegando con balóns moi claros aos nosos extremos dereitos que non serían quen de finalizar con eficacia e poñíamos fin ao encontro cun marcador de 43-27.

Partido moi duro para os nosos, que sen dúbida este ano terán moito traballo por diante para poder competilos exisentes encontros que teñen por diante!

Reprint Arteixo Bm: 43 (23+20) Iván, Odys, Yeray, Iker, Aitor, Mateo, Ángel, Hugo, Sergio, Mateo.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 27 (17+10) Javier, Anxo, Xurxo, Pablo, Hugo, Roi, Aarón, Antón, Jacobo, Samuel e Guillermo.

Árbitros: Iván Hernández e Patricia Ouro.

Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da Liga Prata cadete masculina Grupo D.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *