
Tocaba afrontala segunda xornada desta Liga Ouro e deberían os nosos viaxar na mañá do domingo a Vigo para medirse ao Autocaravanas Van & Fun Carballal. Partido a desputar nunha pista sempre difícil e na que os locais sempre parten con unha maior motivación.
Comezaba o encontro e os contínuos erros en accións individuais en ataque eran o noso maior lastre, con moi pouco xogo colectivo. A esta situación deberíamos sumarlle a falta de axudas defensivas, que ante un equipo cun xogador tan forte como o é Anxo Ogando, é un aspecto crave se queremos loitar polo encontro.
Parecía que co paso dos minutos nos metíamos de novo no encontro, pero agora que comezábamos a atopar un maior xogo colectivo, os erros de lanzamento non só nos impedían acercarnos no marcador, se non que permitían contraataques directos dos locais que se poñían 6 goles por riba ao descanso.
Comezaba o segundo tempo cunha tarefa moi difícil por diante, pero coa convicción de que a podíamos sacar adiante, subían os nosos a liña defensiva, buscando presionar máis as liñas de pase e xerar máis dudas nos atacantes, sendo un acerto. Rápidamente conseguíamos reducir un poquiño a diferenza de goles, pero de novo os erros de lanzamento e os despistes defensivos permitíanlle ao Carballal volver á súa anterior renda de goles. Cunha maior intensidade defensiva e moito traballo de axudas e de presións pares, conseguían os nosos poñelo 33-33 no marcador e ter balón a falta de pouco máis de 1 min para poder poñerse por riba por primeira vez no encontro nunha superioridade numérica que duraría ata o remate do encontro.
Superioridade ben xogada polos nosos que poñía o 34-33 e pedía desta vez tempo morto o equipo local. Cun ataque largo dos vigueses, chegaría a exclusión para os nosos e no 5x5 a falta de 7 segundos indican os colexiados un 7m que lle permitía ao Carballal empatalo partido. Terían os nosos unha derradeira oportunidade co saque rápido de centro, pero freaban os locais a Mario na derradeira acción, quedándodonos o golpe franco directo que non fomos quen de anotar.
Moi boa segunda parte dos nosos xogadores que sen dúbida se levan un enorme aprendizaxe deste encontro e que saen máis preparados para encontros compricados e igualados como o vivido no Municipal de Carballal.
Autocaravanas Van & Fun Carballal: 34 (20+14) Adrián, Mario, Hugo, Iago, Anxo, Alex, Pablo, Sancho, Martín, Iago e Pepe.
Bm Culleredo Ares y Fuertes: 34 (14+20) Jorge, Mario, Leo, Roi, Aitor, Pablo, Pedro, Marco, Nico e Darío.
Árbitros: Rubén Sánchez e Catarina Adao.
Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.
