
A segunda xornada de competición enviaba ao Remax Riazor a xogar a pista das Choqueiras, onde as nosas dominaban nos primeiros intres da primeira metade pero que co paso do tempo todo se igualaría ata chegar ao empate final da primeira metade.
A defensa 6:0 do equipo rival estaba a crear problemas ao Remax Riazor que aínda así soubo encontrar boas acción colectivas .
Resultado ao descanso: Bm Choqueiras 13- Bm Culleredo Remax Riazor 13
Na segunda metade todo seguiu igual aínda que o equipo local estivo por diante gran parte con diferencias moi curtas de un gol e dous pero a falta de 8 min 3 contrataques seguidos mataban o encontro cunha diferencia de 5 goles que apesares dunha pequena reaccion do Remax Riazor no último treito xa non daba tempo a poder rescatar 1 punto ... A falta de intensidade e gañas na parte crucial do encontro o aproveitou o equipo rival que buscou a victoria en todo o momento . Ainda asi noraboa ao Remax Riazor que sigue competindo dia a dia.
Resultado ao final do encontro: Bm Choqueiras 28- Bm Culleredo Remax Riazor 26
BM Culleredo Remax Riazor(11+11): Aldara Allegue, Sabela Lamas, Andrea Muñoz, Olivia Pan , Aroa Bestilleiro, Candela Tizón , Sofia Orge,Salma Martinez, Elena Aneiros, Uxia Seoane.
BM Choqueiras(11+13):Lia Barral , Almudena Villar, Cecilia Bouzón, Lidia Ferro, Sara Muiños, Elsa De Campos, Aldara Barral , Ana taboas, Julieta Otero, Lucia Freaza Mekdes, Rosalía
Árbitros: Luis Fernández, Anxo Barca.
Incidencias: Xornada 2 da liga infantil femenina liga ouro , disputada no pavillón de A Marisma.
