Saltar ao contido

VICTORIA EN REDONDELA PERO MOITO QUE MELLORAR

O Balonmán Culleredo Sutenor desprazábase a Redondela para xogar a segunda xornada ligueira de liga Ouro ante as Choqueiras.Un equipo que sempre está a poñer en problemas a moitos equipos.

As nosas moi ilusionantes querían demostrar o traballo semanal , e por unha parte foi así pero por outra non . A primeira parte estivo dominada polo conxunto cullerdense que non puido ampliar a ventaxa por despistes defensivos individuais ou tomas de decisión a nivel individual desacertadas. Moito queda entender que isto e un deporte de equipo .

Resultado na primeira metade: Bm Choqueiras 12- Bm Culleredo Sutenor 18

Na segunda metade e co partido controlado en todo momento , seguiu na mesma tónica , nesta ocasión os fallos de lanzamento e as situacións de 2x2 na fase defensiva estaban a non dar máis rédito ao conxunto cullerdense.

Resultado final: Bm Choqueiras 25- Bm Culleredo Sutenor 32

Bm Culleredo Sutenor(18+14): Sara Fernández, Helena Portas, Maria Otero, África Gómez, Aitana Gestal , Noa Otón, Rosalía Veiga, Claudia Soto, Alba Fernadez, Thais Villaverde, Lola Romero, Sara Villar.

Bm Choqueiras:(12+13):Lia Barral, Ana Taboas, Candela Iglesias, Andrea Roza,Adriana Bouzón, Berta Couñago, Irene Castro, Lucia Brioso, Ines Barreiro, Sara Iglesias, Cecilia Bouzón

Árbitros: Luis Fernández y Anxo Barca

Incidencias: Segunda xornada cadete feminina da liga ouro disputado no pavillón de A Marisma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *