Saltar ao contido

UNHA BOA SEGUNDA PARTE DALLE A VITORIA AO CANOSA ABOGACÍA

O pasado sábado, as rapazas cadetes do Canosa Abogacía desprazábanse a Santa Comba para desputar o seu segundo partido oficial contra o Balonmán Xallas.

O partido iniciou cun Abogacía pouco concentrado e con altibaixos durante toda esta primeira metade. Os erros defensivos nas vasculacións e a falta de axudas na zona central, estaban permitindo ás rivais chegar facilmente a portería e finalizar o ataque con gol, a través de 1x1 tras unha permuta ou transformación de extremo. No ataque, aínda que coa continuación de balón tralas permutas ou cruces estaban conseguindo desaxustar a defensa rival, as malas decisión nos pases ou lanzamentos estaban impedindo que a diferenza no marcador se reducise, e por momentos permitindo a subida rápida do Xallas.

Resultado ao descanso: Balonmán Xallas 15 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 11.

Na segunda metade a actitude foi outra, a defensa 5:1 foi máis agresiva e comezaron a ser máis solidarias entre elas, conseguindo frear os 1x1. No ataque as transformacións das extremos propiciaron moito espacio nas zonas laterais, o cal non dubidaron as cullerdenses en aproveitar, así como os espazos que se estaban a xerar nas espaldas das rivais.

Un partido inestable do Canosa Abogacía que consegue remontar grazas a unha boa segunda parte, levándose así os dous puntos no primeiro encontro coma visitantes. Toca seguir traballando.

Forza Culle!!

Resultado ao final: Balonmán Xallas 27 - Bm Culleredo Canosa Abogacía 28.

Parciais cada 5´: 3-2/7-4/12-5/12-7/14-10/15-11 // 18-16/20-19/21-21/22-23/25-25/27-28.

Balonmán Xallas: Aitana Rey, Noa Pose, Noelia Amarelle, Paula Lema, Noah García, Dalia Pensado, Athenea Mata, Amanda Martínez, Naiara Pombo, Alba Arijón, Isabella S. Boet, Yasmín, González.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Alba Romero, Aroa Pato, Carmen García, Cintia Míguez, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Yasmín Gabarri.

Árbitro: Segundo Suárez.

Incidencias: Xornada 2 da Liga Prata Cadete Feminina (grupo D), disputado no Pavillón da Fontenla, Santa Comba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *