Saltar ao contido

A ESCASA FLUIDEZ NO POSICIONAL, CONDENA AO BM.CULLEREDO NO DERBI

(SM) BM Culleredo - Calvo Xiria

O derbi entre o BM.Culleredo e o Calvo Xiria do pasado Sábado, foi un partido vibrante, igualado e cuns algarismos moi baixos. Claramente, a espesura no ataque de ambos os equipos, levaría o envite cara a un camiño onde cada erro ante a portería contraria, terminaría por decantar a balanza e aí, os catro penaltis fallados polos locais, acabarían por ser unha laxa que dificultaría a vitoria final. Nunha primeira parte tremendamente igualada, con alternancias para ambos, as defensas dominantes e os porteiros axudando o seu, chegábase ao termo dos primeiros trinta minutos cunhas táboas que se podían intuír e un marcador inusualmente baixo (10-10). Na continuación, o conxunto bergantiñán daría o paso definitivo cara á vitoria final entre o minuto 35 e 40, rango de tempo no que conseguiría un 1-4 de parcial que, dada a dificultade de ambos os conxuntos para materializar os seus ataques, acabaría por ser vital para os seus intereses. Desde ese momento e ata o final do partido, os cullerdenses acumularían tres fallos desde os sete metros, sumando un total de catro en seis lanzamentos. Nese instante do partido, estes erros acabarían por ter unha clara incidencia final, tendo en conta que unha oportunidade sinxela de apertar novamente o electrónico, tornábase nunha maior vantaxe dos visitantes. Acabábase o tempo e o BM.Culleredo tentábao atacando con sete e cambiando o sistema defensivo a 5:1. Conseguíase frear ao conxunto bergantiñán, pero non chegaba para voltear o marcador, gañando os últimos parciais por un insuficiente 4-3. A pouca fluidez no posicional, o baixo acerto na definición e os primeiros dezasete minutos do segundo acto, nos que o equipo tan só lograría perforar tres veces a portería rival, terminarían por decantar a balanza cara a un Calvo Xiria que conseguiría abrir unha pequena brecha no momento crucial aproveitando os erros do equipo de Culleredo.

BM.Culleredo: 20 (10+10). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Carlos Costa, Roi García (2), Alejandro Gómez (1), Marcos Regueiro (4), Henrique Traba (4), Juan Pereira (1), Darío Pérez (1), Iván Sánchez (2), Nico Casal, Marco García, Nuno Loxo, Adrián Veira, Pedro Pereira (1), Alejo Martínez (4).

Calvo Xiria: 24 (13+14). Antonio Gómez (P), Darío J. Calviño (P), Esteban Puñal (1), David García (8), Carlos Varela (1), Pablo Veiga (2), Julián García (3), Hugo Rodríguez (3), Samuel Veiga, Julián López, Jorge Bouzas, Mario García De Seárez (3), Marcos Suárez, Diego Gago (2), Senén Garea (1).

Parciais cada 5´: 2-2 / 3-4 / 6-5 / 7-8 / 10-9 / 10-10 / Descanso / 11-12 / 12-16 / 13-17 / 16-21 / 17-21 / 20-24 / Final. 

Colexiados: Pablo Castellanos e Santiago Piñera.

Incidencias: 6ª xornada da temporada 2025/26 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío cas bancadas cheas e moi bo ambiente de balonmán cos siareiros de ambos os conxuntos entregados os seus equipos.

Fotos Do Encontro:

https://photos.app.goo.gl/nkELNk1BVEqceCpU8

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *