
O Sábado a tarde na localidade de O Grove , os nosos xuvenís disputaron a 3° xornada de liga.
Un bo comezo dos nosos,gracias ao bo facer da dupla defensa -portería permitiunos marcar distancias gracias a un parcial de 0-6 xa nos primeiros 7 minutos, momento no que o entrenador local solicitou tempo morto.Os xogadores cullerdenses seguiron coa mesma intensidade defensiva para aumentar a vantaxe aos 9 goles ao remate do primeiro acto.
A 2° metade transcorreu de xeito similar ao acontecido nos primeiros 30 minutos.No minuto 10 da 2° metade a diferencia era moi amplia e o equipo local xa pouco podería facer para intentar loitar pola vitoria.
Tecfrisa Rasoeiro Balonmán:25( 12+13) José Carlos,Nasir,Iago,Roy,Fernando,Breogan,Martíño,Xabier,Rodrigo,Roi e Alexis
Balonmán Culleredo Galaico Caravaning:41(21+20):Jorge Amor,Hugo Díaz,Iago,Hugo Bermúdez,Adrián, Fabián, Xoán,Teo,Hugo Bregua, Diego e Alexis.
Colexiados:Carlos Manuel Alonso e Daniel Paredes
Incidencias: 3° xornada do grupo B da liga prata, disputado no Novo Monte da Vila do Grove.Bo ambiente e salientable número de afeccionados na tarde do Sábado.
