Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Previa da Xornada 19.10.25

SENIOR

O vindeiro sábado, o Bm Culleredo disputará un sempre atractivo derbi provincial ante o Calvo Xiria de Carballo. Os cullerdenses volven a exercer de locais despois de dúas semanas consecutivas facéndoo a domicilio, e desexan sumar os dous puntos en xogo ante un duro rival. Deste xeito, o equipo é ambicioso e busca ampliar a boa dinámica da que gozan neste inicio de tempada.

Ante tal esixencia, o Bm Culleredo deberá de mellorar en todas e cada unha das fases, comezando por adquirir un maior ritmo de pernas na retagarda e un mellor funcionamento no traballo da profundidade defensiva ante os lanzadores do conxunto bergantiñán. A partir de aquí, a fase na transición deberá de ser máis organizada e no posicional desterrar o abuso do bote e os ataques directos en beneficio da circulación do balón que ofrezca maiores e mellores opcións de éxito a nivel colectivo.

O Municipal de Tarrío será testemuña deste duelo, que se disputará ás 20:00h.

XM - GALAICO CARAVANING

Os nosos xuvenís desprazaranse o sábado ao Grove para xogar a 3° xornada da competición ligueira ás 18:00.

Encontro nunha pista sempre difícil, e na que os nosos deberán seguir co progreso na faceta defensiva para lograr saír con moita velocidade ao contragolpe. Conseguir o triunfo non será sinxelo e loitaremos  para poder seguir nos postos altos da clasificación.

XF - FISIOTERAPIA BENESTAR

O liderato do grupo en xogo nun partido de alto voltaxe.

As nosas que están a ter un comezo moi ilusionante, queren seguir na cabeza da táboa ao finalizar esta xornada. Pero enfronte estará o Sanxenxo que obviamente tamén quere ese posto tan difícil de conseguir.

O Fisioterapia Benestar quere marcar o listón alto a nivel defensivo e poder dominar o encontro de principio a fin . A concentración debe estar presente dende o comezo e permanecer ao longo do encontro, e para iso o Fisioterapia Benestar leva preparando o partido con moita conciencia.

CM - DESPREOCÚPATE.ES

Segunda semana de competición na Liga Ouro cadete masculina e primeiro partido a domicilio para o Bm Culleredo Despreocúpate.es, que se desprazará a Vigo para enfrentarse ao N.V. CARS Carballal.

Os cullerdenses, que tiveron unha estrea ligueira convincente, deberán de referendar este éxito cunha actuación brillante nunha pista sempre complicada. O obxectivo dos dous puntos pasan por continuar mellorando en facetas defensivas, así como a evolución do colectivo nos conceptos tácticos do xogo de ataque.

O partido disputarase o domingo á 13:00h no Municipal de Carballal.

CM - CRISTALERÍA GESTAL

Comezarán os nosos cadetes do Cristalería Gestal a competición oficial nesta tempada 25/26 e farano visitando a un dos rivais más fortes da categoría, o Arteixo. Un partido que sobre todo nos esixirá un nivel defensivo moi alto se queremos manternos con opcións no encontro.

CF - SUTENOR

O Sutenor quere volver a ter un rendemento sólido e regular. Esta fin de semana ten a primeira proba, ante As Choqueiras de Redondela, para poder realizar esa mellora, a cal leva buscando neste parón ligueiro.

A actitude e a intensidade son innegociables para poder conseguir os dous puntos nunha pista onde o rival non poñerá as cousas nada fáciles.

CF- CANOSA ABOGACÍA

Este sábado o Canosa Abogacía desprazarase a Santa Comba a disputar o seu segundo partido da Liga Prata, esta vez, coma visitantes.

As cullerdenses deberán saír con todo, solucionando os erros en defensa do partido anterior e cun ataque ordenado, xa que as do Xallas nunca o poñen fácil na casa.

O partido terá lugar ás 17:00.

IM - ARES Y FUERTES

Primeiro desprazamento da tempada para o Ares y Fuertes que visitará a xa mítica pista do Carballal, un clásico da base galega que volve á Liga Ouro cun equipo moi competitivo e coa garra que os caracteriza. Será un encontro duro no que teremos que dalo 100% se queremos volver cos 2 puntos.

IM - ÓPTICA GALLAECIA

Despois das boas sensacións do primeiro encontro de Liga Prata fronte ao OAR, esta fin de semana queren repetir os nosos fronte a un difícil rival como é o Liceo. Toca seguir dando pasiños para crecer e poder ser máis competitivos, sendo esta unha boa oportunidade de amosar que estamos no camiño correcto!

IF - REMAX RIAZOR

As miniguerreiras do Remax Riazor visitan a difícil pista das Choqueiras, un equipo que está a competir cunha defensa 6:0 que complica os ataques das rivais.
As nosas están a preparar con conciencia o encontro para poder traer para Culleredo os dous puntos.

FORZA CULLE!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *