
O encontro deu comezo cos nosos xogadores pouco agresivos na faceta defensiva, situación que sería aproveitada polo equipo rival . As acción de 2x2 co pivote na zona central farían moito dano e así o conxunto pontevedrés mantería a igualdade durante os 15 primeiros minutos.Unha vez que o equipo incrementou a profundidade defensiva fotos capaces de roubar balóns e conseguir gol de forma sinxela en contraataque .Chegamos ao descanso con vantaxe de 10 goles.
Na 2° metade,os xogadores cullerdenses incrementaron a velocidade nas transicións que sumado a maior eficacia defensiva permitiu distanciarnos no marcador. O equipo do Poio -Artai moi mermado de fisico polo pouco número de efectivos non puido facer nada por recortar eda gran diferencia e así chegouse ao remate do encontro coa gran vantaxe que reflexaba o marcador.
Balonman Culleredo Galaico Caravaning :44(20+24).Jorge Amor,Hugo Díaz, Iago,Xoán, Hugo Bregua,Diego,Teo,Hugo Rodríguez,Jairo,Adrián,Fabián e Jorge Outón .
E.D.Poio Artai:18(10+7).Víctor,Aitor,Martín,Xavobe,Kevin,Joel,Mateo,David e Adrián.
Colexiados:Jorge Sánchez e Daniel González.
Incidencias: Partido correspondente a 2° xornada da liga prata disputado no municipal de Tarrío ante un bo número de siareiros locais e visitantes.
