Saltar ao contido

O ABOGACÍA CANOSA ARRANCA A COMPETICIÓN CUNHA VITORIA

O pasado sábado as rapazas cadetes do Canosa Abogacía iniciaban a competición da Liga Prata na casa cun derbi, ante o Bm Brigantium Nunegal.

O partido iniciou cunhas rivais en defensa 6:0, a cal mantiveron ata o final do encontro. O ataque das nosas consistíu en permutas e cruces cos que conseguían poder penetrar e incluso facer lanzamentos exteriores poñendo en problemas ao Brigantium. O Abogacía, pola súa contra, defendeu 6:0 e por momentos 5:1, frenando así os lanzamentos exteriores das rivais.

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Canosa Abogacía 17 - Bm Brigantium Nunegal 7.

Ao inicio da segunda parte as rapazas do Brigantium conseguían superar a defensa das de Culleredo polas zonas exteriores, debido a erros de posicionamento e vasculacións. Aínda así as rivais non conseguiros recortar distancias no marcador, e o cansancio comezou a pasarlles factura ao final do partido, onde as nosas rapazas non dubidaron en interceptar unha serie de pases e contra atacar, amosando unha boa intensidade ata o final.

Un bo inicio de Liga para as do Canosa Abogacía, aínda que todavía queda moito por traballar.

Resultado ao final: Bm Culleredo Canosa Abogacía 34 - Bm Brigantium Nunegal 14.

Parciais cada 5´: 3-2/8-3/10-4/11-5/14-6/17-7 // 20-9/22-11/25-12/27-13/30-13/34-14.

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Alba Romero, Carmen García, Cintia Míguez, Elena Aneiros, Eva Outón, Helena Portas, Sara Villar, Simona Seo, Sofía Meijide, Sofía Orge, Uxía Seoane, Yasmin Gabarri.

Bm Brigantium Nunegal: Daniela Gallego, Lúa Grandio, Emma Ruzo, Uxía Ameijenda, Paula Rial, Valentina Rodríguez, Julia Rodríguez, Celia González, Iria Durán, Icía López, Rosalia Cervelo, Vera Grandio.

Árbitros: Martina Regueiro, Jorge Sánchez.

Incidencias: Xornada 1 da Liga Prata cadete feminina (grupo D), disputada no Polideportivo Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *