
Derbi provincial para o Fisioterapia Benestar que enfrontábase ao equipo coruñes do Brigantium . Un encontro onde o Fisioterapia Benestar queria seguir coa boa racha de victorias que está a ter neste comezo de ano .
O encontro comezou con moita igualdade case durante toda a primeira metade.O Brigantium estivo a facer moito dano con situacións de lanzamento dende zonas exteriores , os lanzamentos dende 9m pero sendo solitarios estaban a ter moita eficacia por parte do equipo visitante . Mentres o equipo cullerdense buscaba na fase ofesnsiva situacións de xogo colectivo ampliando a defensa mediante cruces na primeira liña.
Xa na metade da primeira parte o Fisioterapia Benestar comezou a ter ventaxas de 2-3 goles, grazas a boas defensas onde o cambio de defensa a 5:1 propiciaba erros no ataque coruñes, ainda asi a solución do lanzamento exterior estaba a funcionar .
Resultado ao descanso : Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 19- Bm Brigantium 15
Moitos goles na primeira metade onde o Fisioterapia Benestar non encontraba unha comodidade defensiva, estaba a ter moitas dudas e isto podia crear moita inseguridade de cara a segunda metade.
Pero as nosas guerreiras sairon con outra cara na segunda metade, o equipo a nivel defensivo reconstruise para mellor , tan só 5 goles encaixados na segunda metade. A 5:1 estaba a crear demasiados problemas ao ataque do equipo visitante e as perdas de balón trasladabanse a contrataque tanto de primeira oleada como de segunda oleada.
A diferencia de actitude e disciplina por parte do equipo cullerdense fixose notar en todo o ambiente de Almeiras. As nosas fixeron unha segunda parte de sobresainte . Disiparon as dudas e fixeron se as donas do encontro. O dominio foi absoluto . Noraboa polo encontro .
Forza Culle.
Resultado final: BM Culleredo Fisioterapia Benestar 39- Bm Brigantium 19
BM Culleredo Fisioterapia Benestar: Aldara Piñeiro, Claudia Regueiro, Lua Fernandez, Antia Ferreño , Leire Barbeito,Paula Peteiro, Sara Fraga, Luana Gomez, Rosalia Veiga, Claudia Soto, Lola , Daneila Perez,Romero,Carmela Erias.
Bm Brigantium:Daniela Hermo,Uxia Ameijenda,Rosalia Astray,Icia López,Alejandra Gallego,Martina Cousido,Carmen Varela,Uxia Seoane.
Arbitros: Martina Regueiro, Jorge Sánchez,
Incidencias: Xornada 3 da liga de Prata xuvenil femenino , disputado no pavillón de Almeiras en Culleredo.
