
Previa da Xornada 12.10.25
SENIOR
O vindeiro sábado 11, o Bm Culleredo disputará o seu segundo partido a domicilio de forma
consecutiva. Despois da viaxe ao Rosal da semana pasada, os cullerdenses desprazaranse a
Bueu para enfrontarse a outro dos favoritos da liga.
Os duelos entre o Bueu Atlético Balonmán e o Bm Culleredo sempre deparan partidos vistosos, xa que ambos conxuntos apostan por un xogo alegre e dinámico. O Bm Culleredo deberá de traballar moi ben o repregamento se non quere verse sorprendido pola velocidade do conxunto local e a faceta defensiva será crave para facerse cos dous puntos en xogo. Outro dos alicientes do encontro é a participación de
Samuel Seijas, canteirán do noso clube que xogará nas filas do equipo buenense.
O partido dará comezo ás 19:00h no Pavillón Pablo Herbello.
XM - GALAICO CARAVANING
O domingo ás 11:30 no Municipal de Tarrio , os nosos xuvenís xogarán a 2° xornada desta fase da Liga Prata. O rival será o equipo Pontevedres E.D .Poio Artai.
Os nosos xogadores intentarán mostrar a versión da 2° parte do derradeiro encontro para intentar lograr a vitoria que nos manteña nos postos altos da clasificación.
XF - FISIOTERAPIA BENESTAR
As nosas xuvenís do Fisioterapia Benestar buscan a terceira victoria consecutiva, esta vez ante o Bm Brigantium Nunegal, e queren facer de Almeiras unha pista inexpugnable. Para iso, están a adestrar con moita disciplina e tensión.
O encontro terá lugar o sábado á 13:00 no Polideportivo Municipal de Almeiras.
CM - DESPREOCÚPATE.ES
Esta próxima fin de semana, dará comezo a Liga Ouro na categoría cadete masculina, e o
Bm Culleredo Despreocúpate.es, iniciará a competición como local, e cun primeiro derbi ante o
Bm Línea 21.
Será moi importante que os cullerdenses comecen a competición cunha vitoria, pero para iso, o traballo defensivo, que terá que relar a un gran nivel, será clave, o que propiciará que os de Culleredo poidan despregar a velocidade nas transicións, unha das súas mellores armas. No posicional, a importancia do
xogo sen balón e a velocidade deste na continuidade para desarbolar un armazón defensivo
dun gran equipo como o de o BM.Línea 21.
O encontro disputarase o domingo ás 13:00h no Polideportivo Municipal de Almeiras.
CF - ABOGACÍA CANOSA
Debut das nosas cadetes do Abogacía Canosa que iniciarán o campeonato liguero o sábado 11 ás 11:00 con derbi provincial ante o Brigantium coruñés, no Polideportivo Municipal de Almeiras.
As nosas veñen cunha motivación grande xa que teñen moitas gañas de poder comenzar o campionato.
Promete ser un encontro moi apetecible de ver .
IM - ARES Y FUERTES
Comezamos a nosa andadura na Liga Ouro nesta tempada 25/26 cun partido moi exisente, sobre todo a nivel defensivo. Tocaranos medirnos aos nosos veciños do Línea 21, equipo que conta cunha superioridade física respecto aos nosos e que de seguro explotarán. A súa disciplina táctica, fortaleza e efectividade porannos moi compricados estos 2 primeiros puntos, pero os nosos veñen con moita ilusión e dispostos a comezar a competición da mellor forma posible para loitar polos ambiciosos obxetivos marcados para este ano!
IM - ÓPTICA GALLAECIA
Primeiro encontro oficial da tempada para o noso equipo de Liga Prata, un partido que reedita o amistoso xogado hai unhas semanas e nas que sabemos que aspectos debemos mellorar para cambialo resultado.
Chega o Óptica Gallaecia con ganas a este inicio de liga e con moito por demostrar, este domingo ás 10:00 en Almeiras, contra o Oar Ciudad 1952, comeza unha ilusionante tempada para este grupo.
FORZA CULLE!!!
