
O Sábado deu comezo a liga prata xuvenil masculina e os xogadores do Galaico Caravaning desprazáronse a Meaño para debutar na competición.
O encontro iniciu con igualdade debido a falta de intensidade defensiva dos xogadores cullerdenses.Nos derradeiros minutos da 1° parte gracias a un pequeno cambio de actitude na defensa e velocidade nos ataques ,logramos chegar con vantaxe de 8 goles ao descanso (14-22).
Tras o descanso,os xogadores conscientes da mala imaxe da 1 ° metade, sairon moi centrados e impuxeron o nivel que se espera de este equipo.No minuto 10 e gracias a un parcial de 0-14 a favor dos culleredenses , o encontro xa estaría sentenciado ao noso favor.Os derradeiros minutos do encontro continuarían sen moita historia e co equipo cullerdense aumentando a diferencia a 30 goles ao remate.
Tecnelsa Asmubal Meaño:20(14+6).Sergio,Lucas,Iago,Miguel,Aron,Santiago,Joaquín,Gael,Brais,Xabi e Fernando.
Balonman Culleredo Galaico Caravaning: 50(22+28).Hugo Díaz,Jorge Amor,Teo,Diego,Hugo Bregua,Jairo,Adrián,Fabián,Hugo Rodríguez e Jorge Outón.
Colexiado:Cesar Carballo Fernández.
Parciais cada 5’:3-3/6-5/9-10/11-15/14-17/14-22/ Descanso/14-29/14-36/15-39/16-42/18-50/Final.
