Saltar ao contido

PRIMEIROS PUNTOS A DOMICILIO DO FISIOTERAPIA

Nova victoria do Fisioterapia Benestar que está lider do seu grupo grazas a fortaleza defensiva que está a demostrar en cada encontro . Aínda que todo acaba de comezar o equipo xuvenil está a competir coma elas son . Despois dun primeiro encontro con moitos erros de circulación de balón o equipo sobrepuxose deses erros neste encontro despois dunha semana dura de traballo.

O dominio defensivo foi a chave da primeira metade , tan só 6 goles recibidos dicía moito da defensa 6:0 . Tan só recibianse os goles dende 9m , unha situación que quizáis pode ser aceptable ata certo momento . O encontro estaba a ser controlado , pese a no ter aínda una gran fluidez de balón e en consecuente a súa velocidade o equipo conseguía boas situacións efectivas de gol .

Resultado ao descanso : Bm Poio 6 - Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 16

Na segunda metade todo acrecentouse, pese a uns primeiros instantes onde o equipo local conseguía sendos goles consecutivos, o Fisioterepia Benestar sobrepuxose para parar o ataque rival e poñer pé de por medio para rematar o encontro con contrataques rápidos tras interceptacións continuas na fase defensivas.

O equipo estaba a funcionar e o nivel entre os equipos estaba a ser dispar isto daba a un resultado moi amplo a favor do equipo cullerdense.

Resultado final: Bm Poio 13- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 32.

Felicidades as nosas xuvenis que conseguen a súa segunda victoria consecutiva nesta liga prata.

Forza Culle.

BM Poio: Abril, Nayra Ouviña,Adriana Acuña,Paula Fernández,Nuria Caldas, Elia Lorenzo,Sara Gonzalez,Candela Gonzalez , Paula Fernández, Lara Mouriño

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Aldara Piñeiro, Leire Barbeito, Sara Fraga , Claudia Regueiro, Lua Fernandez, Paula Peteiro, Daniela Baz,Antia Ferreño, Luana Gómez,Camela Eiras, Adriana Vázquez.

Árbitros: Pablo Barreiro y Carlota Vieiro.

Incidencias: Segunda xornada da liga prata xuvenil femenino , disputada no pavillón de A Seca en Poio, Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *