
Previa da Xornada 05.10.25
SENIOR
Despois do intenso e igualado partido da pasada fin de semana, onde os dous puntos
voaron a Gran Canaria nos instantes finais, o Bm Culleredo inicia un periplo de dous fines
de semana consecutivos xogando a domicilio.
O primeiro será este sábado, e os cullerdenses visitarán a difícil pista do líder, o Valinox Novás. O equipo desexa competir sen complexos ante un conxunto estructurado para disputar a fase de ascenso, e para iso deberán plasmar o partido perfecto en todas as fases do xogo. O reto é maiúsculo, pero tamén ilusionante, no que un equipo xove se examinará ante un dos mellores da categoría.
O encontro disputarase o sábado no Municipal del Rosal ás 19:30h.
XM- GALAICO CARAVANING
Esta fin de semana comeza a competición xuvenil de Liga Prata.
O noso equipo terá que viaxar a Meaño o sábado a tarde para debutar nesta 1° fase da competición. O equipo espera comenzar con boas sensacións e melloras no xogo defensivo para acadar a victoria.
XF - FISIOTERAPIA BENESTAR
As xuvenís do Culleredo visitan por primeira vez a pista do Poio en Pontevedra. As nosas queren ir evolucionando pouco a pouco , é esta fin de semana poden dar un pasiño máis.
Espérase un encontro moi competido, onde obter os 2 puntos sería unha gran alegría para afección cullerdense.
CM - DESPREOCÚPATE.ES
Fin de semana transcendente para o conxunto cadete do Bm Culleredo Despreocúpate.es, e é
que os mozos desta categoría xóganse entre o venres e domingo un dos dous postos do Play Off que dan acceso a disputar a máxima competición en Galicia, a Liga Ouro.
O Bm Culleredo Despreocúpate.es, enfrontarase ao equipo organizador, o Montaxes Carballo Xiria na apertura do sector (Pavillón Vila De Noia 18:00h). O sábado, xa en horario matinal, atoparanse ante o Valinox Novás do Rosal (12:15h no Pavillón Vila De Noia) e pecharán a fin de semana o domingo
ás 10:30h no mesmo recinto deportivo ante o U.B.Lavadores.
Debido a entidade dos rivais, o conxunto cullerdense será exixido ao máximo durante os tres días e é por iso que necesitará estar concentrado ao máximo e dar o seu mellor rendemento para conseguir o obxectivo final.
CF - SUTENOR
Despois dun duro Play Off, e sen apenas descanso, as cadetes de Liga Ouro teñen ou seu primeiro test na casa fronte ao Porriño este domingo.
Un Porriño que cada ano crece máis e complica moito os encontros, xa que non se rende nunca . Pero xa coñecemos de antemán como actúa o Sutenor, levan a competición no sangue, e iso non se adestra, así que esperamos un bonito encontro onde seguro que gozaremos ao máximo .
IF - REMAX RIAZOR
As nosas miniguerreiras debutan este ano na Liga Ouro contra un filial do Porriño que actúa na máxima división do balonmán estatal . Unha gran proba de fogo para as nosas, que parten con moita ilusión de poder comezar o campionato ligueiro, despois de demostrar que poden competir en calqueira competición.
FORZA CULLE!!
