
(SM) BM Culleredo - Gáldar Gran Canaria
O BM.Culleredo, nunca deixou de crer nas súas posibilidades ante o conxunto insular do BM.Galdar e competíu crendo en todo momento nas súas posibilidades, a pesar de que o conxunto galdense levaría a iniciativa no marcador durante todo o envite. O afán competitivo do BM.Culleredo foi tal, que no momento máis crucial do encontro, a falta de cinco minutos, conseguiría igualar a contenda despois de lograr un parcial gañador de 4-1. A partir de entón, eses últimos instantes estarían repletos de tensión e incerteza, a propósito de que os dous puntos podían decantarse cara a calquera lado. O BM.Culleredo teríao na man, xogando a última posesión para lograr un gol que, a falta de 40", puidéselle outorgar unha máis que posible vitoria. Prepararíase entón unha acción definitiva coa idea de esgotar a posesión ata os últimos instantes e tentar conseguir un lanzamento cando xa non houbese tempo para máis. A precipitación dos cullerdenses marcaría entón este momento, xogando esa acción final moi pronto e, tras a parada do porteiro visitante, dar ao conxunto de Gran Canaria a opción de responder cun novo ataque efectivo que os poñería por diante, inclinando a balanza para os seus intereses. Aínda así, o BM.Culleredo tería quince segundos para conseguir a igualada e continuar invictos neste inicio de liga, pero outra acción precipitada nun ataque directo, propiciaría a perda de balón e un gol ao contraataque do BM.Galdar, que acabaría levándose os dous puntos finais por un resultado de 30-32. A decepción sería patente en todos os integrantes do equipo despois de ter a posibilidade de vitoria tan preto, pero a forma de competir ante un rival potente como o BM.Galdar e a evolución dun equipo tan novo, convida á ilusión e á esperanza dun conxunto que a recado dará moitas alegrías este ano.
BM.Culleredo: 30 (13+17). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Mario Crecente (6), Carlos Costa, Marcos Regueiro (1), Alejo Martínez, Juan Pereira, Alejandro Gómez (3), Pedro Pereira (1), Iago Ferreiro (2), Iván Sánchez, Xoán Canedo (2), Henrique Traba (9), Roi García, Nuno Loxo (3), Adrián Díaz (3).
BM. Galdar: 32 (16+16). Hugo Manuel Gómez, Marcos Vinicius Santiago (12), Jesús Alejandro Mendoza (1), Francisco Nicolás Trujillo, Magnol Suárez, Nicolás Tavella, Carlos Mederos (6), Alejandro Castellano (1), Gonzalo Matías (5), Guillermo Arencibia (2), Saulo López (5), Derek Pulido.
Parciais cada 5´: 3-4 / 5-7 / 7-9 / 9-12 / 9-12 / 13-16 / Descanso / 16-19 / 19-22 / 21-23 / 24-27 / 28-28 / 30-32 / Final.
Colexiados: Jonathan Hinojosa e Gabriel Folgoso.
Incidencias: Encontro da 3ª xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no pavillón de Tarrío con unha moi boa afluencia de público.
Fotos do encontro:
