
Debut ligueiro na liga prata para o Fisioterapia Benestar onde enfrontábase ao Arousa balonmán.
O inicio do encontro o Fisioterapia Benestar pese a ter moitos erros de dominio de balón no pase e recepciópn estivo máis acertado que o rival , e asi puido obter pequenas ventaxas no marcador na primeira metade. A defensa 5:1 de primeiras estaba a ter filtracións e cambiouse a 5:1 zonal no lateral dereito onde controlouse mellor o 1x1 pero ainda asi xurdiu a problemtatica na toma de decisión defensiva onde a marcaxe ou a axuda defensiva estaba a crear problemas nesa zona concretamente.
Na fase ofensiva como diciamos no inicio o principal problema foi o dominio do balón onde no xogo posicional non habia velocidade e nos contrataques había moitas imprecisións. A isto sumábase os erros de lanzamento nun 1x0 . Ainda asi o equipo soubo ter moito máis carácter e tablas para poder chegar o descanso cunha ampla ventaxa.
Resultado ao descanso : Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar 17- Bm Arousa 12
Na segunda metade o Fisioterapia Benestar reincidiu nos mesmos problemas, o dominio do balón tanto nas extensións do pase, recepción e lanzamento . Quizáis todo isto lastrou a fase ofensiva en todo o encontro . O Fisioterapia Benestar si estivo en moitos momentos disciplinado e soubo aproveitar ben a súas cartas , facendose forte no xogo colectivo fronte as individualidades do equipo rival.
As defensas 5:1 e 6:0 estiveron a funcionar con pequenos erros que deben de mellorar co paso da tempada ademáis hai mimbres e xogadoras para poder facelo .
O Arousa que veu con 7 xogadoras pagou os pratos rotos co paso dos minutos onde o cansancio físico e mental fixo mella nelas e o Fisioterapia Benestar aproveitouno para pechar o encontro e conseguir os dous primeiros puntos da tempada.
Resultado final: Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar 31- Bm Arousa 22.
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar (17+14): Aldara Piñeiro, Sara Fraga, Luana Gómez, Adriana, Antia Ferreño, Leire Barbeito, Paula Peteiro, Claudia ,Carmelas Erias, Daniela, Eva Outón , Sofía Meijide.
Bm Arousa ( 12+10):Lola Lopez, Irene Tato, Zaira Dono, Elena Iglesias, Sara Lopez, Raquel Salgado, Justina Osifodoe
Parciais cada 5´: 3-2/7-4/9-5/12-7/15-10/17-12/19-14/23-15/25-17/26-18/29-21/31-22
Arbitros: Martina Regueiro y Carlos Ortiz
Incidencias: Primeira xornada da liga prata , primeira fase Grupo B. Disputada en el pavillón municipal de Almeiras.
