Saltar ao contido

O SUTENOR ACCEDE A LIGA OURO

Esta fin de semana o Sutenor xogabase o pase a liga Ouro , a máxima división do balonmán galego en categoría base.

As nosas tiñan enfronte a tres rivais que aspiraban a acceder a dito campionato . O Sedona de Vigo , o Atlético Bueu e Xiria de Carballo eran os rivais deste grupo D .

As nosas guerreiras estreaban o Play Off en Almeiras , o rival o Sedona de Vigo . O encontro comezaba cuns primeiros 10 minutos moi serio por parte do Sutenor que conseguia un parcial de 8-1 a favor. Isto daba un pouco máis de tranquilidade para seguir afrontando o encontro . Aínda asi as nosas non se relaxarian e seguirían aumentando a ventaxa . As boas defensas seguidas de contrataques en primeira ou segunda oleada daban unha ventaxa moi amplia para chegar o descanso .

Resultado ao descanso : Balonmán Culleredo Sutenor 20- Sedona Vigo 6.

Na segunda metade o Sutenor seguiu o plan de partido con respecto as rotacións de xogadoras xa que o ter 3 partidos en 3 días unha das claves da clasificación pasaba pola rotación de xogadoras en medida do posible .

A disciplina seguiu presente no Sutenor que conseguia un amplo resultado no primeiro encontro .

Resultado final : Balonmán Culleredo Sutenor 43- Sedona Vigo 14.

No segundo encontro o Bueu sería o rival a batir , e as nosas pese a comezar o encontro con pequenos contratempos por mor de lesións de xogadoras no primeiros minutos de xogo pero isto o único que fixo foi aumentar a ganas de competir , aumentou o estrés competitivo a máximo nivel e todas as xogadoras vesitronse con una "capa heroíca" onde a solidaridade , o impetu e a valentía facían de transmisores positivos no Sutenor . O equipo cullerdense conseguía dominar a primeira parte cunha defensa moi sólida e un ataque que por momentos facía disfrutar moito a grada e ao seu propio equipo .

Resultado ao descanso :Balonmán Culleredo 16- Atlético bueu 12.

A segunda parte tivo a mesma tónica, un Sutenor dominante e un Bueu que co paso do tempo tivo que arriesgar e abrir a defensa para intentar provocar erros do equipo local e poder recuperar o balón rápidamente. Pero o que ocurria rápidamente eran o goles do equipo cullerdense, que ante unha defensa 3:3 soubo responder perfectamente mediante desmarque sen balón e sobretodo gestionar a ocupacións de espacios libres. Dominio novamente do equipo local que terminaba o encontro con unha ventaxa maior no marcador . Esforzo enorme de todo o plantel onde se demostrou que isto é un equipo .

Resultado final : Balonmán Culleredo 37 - Atlético Bueu 25.

No último encontro o rival sería o Xiria de Carballo que se conseguía. un bó resultado tiña opcións de meterse na liga Ouro . As nosas sairon con boas tablas dominando o xogo aínda que con certos problemas en distintas fases do encontro na primeira parte. A clasificación no peligraba para o Sutenor pero unha vez máis a seriedade e o xen compeititivo volveu a aparecer para poñer outra vez o Sutenor na cabeza do encontro . Estes dous aspectos veñen marcados xeralmente polos adestramentos e pola personalidade de cada unha .

Resultado ao descanso: Balonmán Culleredo 15- Suevia Xiria 11

Na segunda metade o control foi maior sobretodo na fase defensiva onde a superioridade foi reflexada polos ataques longos do equipo de Carballo que chegaban a situación limites onde o recurso do lanzameneto exterior era recurrente, en moitas ocasións con acerto . Toca aprender de certas situacións de xogo .

No ataque o equipo seguiu sendo disciplinado para poder terminalo partido invictas neste Play Off de ascenso a liga Ouro que non foi nada doado se analizamos todolos resultados desta fase .

Resultado final : Balonmán Culleredo 29 - Suevia Xiria 23

Noraboa, segundo obxetivo cumprido da tempada. Queda moito por diante no que todo se pode mellorar. Con disciplina, esforzo , compromiso e ilusión as dinámicas melloran , as protagonistas o agradecen , asi que todos temos que ir nun mesmo camiño non hai outra manera .

Xogaron por parte do Balonmán Culleredo : Sara Fernández, Helena Portas, Noa Otón , Aitana Gestal , África, Maria Otero , Sara Villar, Rosalia Veiga, Alba Fernández, Thais Villaverde, Lola Romero, Claudia Soto .

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *