
Previa da Xornada 28.09.25
SENIOR
O vindeiro sábado ás 19:30h, volve a 1ª Nacional ao Municipal de Tarrío.
O Bm Culleredo, que comezou a competición da mellor forma posible, conseguindo dúas vitorias noutras tantas xornadas, recibe ao Balonmano Galdar de Gran Canaria nunha confrontación que supoñerá un reto maiúsculo para os cullerdenses, dado o potencial dos insulares.
Con todo, os cullerdenses chegan a este invite coa moral moi alta e o desexo de afrontar este reto de gran calado. O equipo confía en competir e demostrar que pode ser merecedor de quedarse cos dous puntos en xogo. Para iso, deberá de igualar o alto ritmo dos canarios, estar concentrados no balance defensivo e ser moi contundentes nas tarefas defensivas, sendo disciplinados e rigorosos nos aspectos tácticos das distintas fases do xogo.
----------
XF - FISIOTERAPIA BENESTAR
Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar- Balonmán Arousa.
Debut oficial na Liga Prata das nosas xuvenís que xogarán contra un clube que ten unha creación moi recente , o Balonmán Arousa.
Seguir co aprendizaxe e continuar crecendo pouco a pouco son as bases deste equipo xuvenil.
----------
CF - SUTENOR
O Play Off Cadete Feminino xógase en Culleredo!!, as nosas guerreiras buscarán o pase a Liga Ouro ante o Seis do Nadal-Coia, o Balonmán Bueu e o equipo carballés do Xiria.
As nosas están a traballar a un bo nivel, de maneira que poidan estar preparadas ante calqueira situación, para tratar de conseguir esa praza tan ansiada e poder disputar a Liga Ouro na presente tempada.
As rivais non o poñerán nada fácil e a competitividade neste grupo será máxima.
Non volo perdades, vide animar!!
----------
IM - ARES Y FUERTES
Afrontan nesta fin de semana os nosos rapaces do Bm Culleredo Ares y Fuertes o Play Off!!, unha dura proba na que se xogarán a clasificación a Liga Ouro. Ao longo da fin de semana deberán desputar 3 duros encontros:
Comezaremos o venres ás 20:00 no Vila de Noia (Carballo) fronte ao Seis do Nadal-Coia, un equipo físicamente superior a nós e que de seguro nos exisirá o máximo, sobre todo a nivel defensivo.
O sábado ás 11:45 no CEIP Fogar, deberemos medirnos aos locais do Garaysa Xiria A, posiblemente o rival máis duro do Play Off, cun equipo moi completo, ideas claras e un ritmo de xogo moi alto.
Remataremos o domingo ás 10:30 de novo no Vila de Noia. Medirémonos ao Lalín, será de seguro un partido con moito en xogo aínda, contra un Lalín que sempre loita como ningún outro clube en defensa.
Agárdanos unha intensa xornada, na que loitaremos con todas as nosas forzas por alcanzar este primeiro obxetivo da tempada 25/26!
Forza Culle!!
