Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SUMA A SÚA SEGUNDA VITORIA E FIRMA O INICIO SOÑADO EN LIGA

SERMARTHER CIUDAD DE TACORONTE vs BM CULLEREDO

O BM.Culleredo, viaxaba o pasado sábado ás illas afortunadas para enfrontarse, na segunda xornada de liga, ao "Sermarther" Ciudad De Tacoronte. Sería o primeiro partido a domicilio para os cullerdenses e o equipo afrontábao coa máxima ilusión e esperanza despois da convincente vitoria conseguida na primeira xornada do campionato no municipal de Tarrío. Ao longo do envite, o BM.Culleredo presentaría certos altibaixos no seu xogo, alternando momentos irregulares onde se acumulaban erros non forzados con outros de maior control. Aínda así, o equipo non conseguiría impoñer o seu mellor nivel, abocado por tanto a sufrir ata o asubío final. Especialmente frustrante sería o comezo do encontro, onde os cullerdenses se estrelaban unha e outra vez contra o porteiro local, fallando numerosos lanzamentos sós ante o mesmo. Intuíase unha certa superioridade dos visitantes que non se reflectía no electrónico debido a este factor, retirándose o equipo a vestiarios no tempo de descanso cun pírrico 43% de acerto e táboas no electrónico (14-14). Sen alcanzar a súa mellor versión, pero avanzando cara a un maior acerto ante o marco contrario, o BM.Culleredo conseguiría poñerse por diante no meridiano do segundo acto (22-23), canalizando a recta final do encontro baixo unha liña dominante. Eran os minutos máis delicados e o equipo de Culleredo afrontábaos cunha vantaxe que ao cabo sería vital. A falta de seis minutos para o final, os cullerdenses ampliarían a vantaxe a unha máxima de catro goles que parecía ser definitiva, pero o conxunto tinerfeño, esporeados polo seu público, avogarían por tirar de caste e orgullo para reducir a diferenza á mínima expresión nun último minuto repleto de tensión e incerteza. Contido o alento dos cullerdenses no último balón directo lanzado polos locais desde un golpe franco centrado desatábase a explosión de xúbilo posterior coa suma de dous novos e importantes puntos que colocan, de forma momentánea, ao BM.Culleredo no segundo posto da clasificación.

Sermarther Ciudad De Tacoronte: 29 (14+15). Juan José García, Seka Gallart (3), Diego Hernández, Javier García (4), Mario Spugnini, Owen Frain (1), Víctor Manuel Oliva, Adrián Pineda, Oscar Luis Rivero, Alby Regalado (6), David Fdez (4), Miguel Ángel Hernández (1), José Miguel Concepción, Adrián Yumar (5), Carlos Abián (1), José Manuel Urrutia (1), Markel Moreno (3), Pablo Pérez.

BM. Culleredo: 30 (14+16). Oscar Bello (P) (1), Xoán Varela (P), Carlos Costa (4), Mario Crecente (3), Juan Pereira (3), Alejandro Gómez (3), Pedro Pereira (1), Iago Ferreiro, Henrique Traba (3), Iván Sánchez (1), Nuno Loxo (5), Darío Pérez (3), Adrián Díaz (3).

Parciales cada 5 ́: 4-3 / 4-4 / 5-6 / 8-8 / 12-12 / 14-14 / Descanso / 18-17 / 21-20 / 22-23 / 24-26 / 27-28 / 29-30 / Final.

Colegiados: Alfonso Moreno e Miguel Ángel Indiano. Fixeron unha boa arbitraxe.

Incidencias: 2ª xornada da tempada 2025/26 en la 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no pavillón Paulino Rivero con boa asistencia de público.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/Wiz2RHpNAyrqQrR6A

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *