
O noso equipo xuvenil desprázouse o Domingo a localidade portuguesa de Matasinhos para disputar a supercopa ibérica.A competición tratouse de 1 encontro entre o campión da Asociación de balonmán de Oporto( Academico FC) e o campión galego da derradeira tempada.O noso equipo xuvenil como actual vencedor da categoría gañouse o dereito a disputar esta competición.Comenzamos o encontro con pouca intensidade defensiva e con moitas imprecisións no ataque.O equipo Portugués aproveitouno e colleu renda de 3 goles xa case dende o comezo.A tónica da 1° metada seguiría sendo a mesma , nula movilidade no ataque e con pouca profundidade defensiva o equipo rival sen facer gran cousa dominaría con claridade todo o 1° tempo.Nos fumos o descansado con desvantaxe de 3 goles.Na 2° metade unha pequena reacción dos xogadores cullerdenses permitiunos igualar o encontro mediado o 2° tempo.A ledicia duraría pouco xa que o rival volvería a coller a dianteira rápidamente no marcador con vantaxas curtas pero que souberon administrar para levarse o encontro por 29 a 27 y así alzarse co título da 1° supercopa regional ibérica.
