
Previa da Xornada 21.09.25
SENIOR
O Bm Culleredo viaxa este sábado ás Illas Afortunadas para enfrontarse ao "Sermarther" Ciudad de Tacoronte, o único conxunto tinerfeño que compite neste grupo A da 1ª Nacional.
Os Cullerdenses, que comezaron o campionato co pé dereito, vencendo na primeira xornada ao equipo de Ribadavia, parten coa esperanza de lograr a primeira vitoria a domicilio e, deste xeito, acumular algúns puntos que poden ser importantes no futuro da competición. A tarefa non será doada, xa que o equipo insular reforzouse de forma intelixente e concienzuda para ofrecer unha versión mellorada con respecto á tempada pasada.
O partido disputarase ás 19.30 horas (hora canaria) no pavillón do complexo deportivo Paulino Rivero Baute.
-------
XM - GALAICO CARAVANING
O noso equipo xuvenil desprazarase o domingo a localidade portuguesa de Matasinhos para disputar a Supercopa Ibérica.
A competición trátase dun único encontro entre o Campión da Asociación de Balonmán de Oporto (Academico FC) e o Campión Galego da derradeira tempada, polo que o noso equipo xuvenil como actual vencedor da categoría gañouse o dereito a disputar esta competición.
Unha xornada de festa e disfrute do mellor balonmán base galego - portugués.
