Saltar ao contido

Un serio Sutenor pecha como 1º a fase de clasificación

Desprazábanse as nosas cadetes do Bm Culleredo Sutenor este pasado domingo a Novo Mesoiro para afrontala derradeira xornada da Fase de Clasificación.

Comezaban as nosas o encontro cun ritmo lento, con demasiado bote e pouca continuidade ao balón, pero a pesares disto conseguíamos rápidamente poñer un parcial de 1-5 no marcador. Nos seguintes 10 min, sen que houbexe un cambio de velocidade no ataque e con varios erros de lanzamento claros, mantíñamos a diferenza en 6 goles. Chegaba entón o momento de reaccionar das nosas, que cunha maior intensidade defensiva, máis axudas e sobre todo un ritmo moito máis alto do balón, conseguíamos xa poñer terra de por medio indo ao descanso 12 goles arriba no marcador e con tan só 2 goles encaixados nesos derradeiros 15 minutos.

Tralo paso polos vestiarios saían as nosas cunha actitude moi positiva, aparecían interesantes situacións de presión par e impar tanto das nosas centrais defensivas como das segundas, recuperando numerosos balóns e explotando agora sí moito máis a transición.

A pesares de que o Brigantium iba axustando o seu ataque e conseguía xerarnos perigo co seu lanzamento exterior, tiñan as nosas controlado o encontro que remataban gañando 16-43.

Encontro serio das nosas no que foi o derradeiro paso antes da desputa do Play Off.

Bm Brigantium Nunegal: 16 (7+9) Daniela, Emma, Sara, Uxía Ameijenda, Eva, Uxía Piñeiro, Julia, Celia, Julieta, Iria, Icía, Rosalía.

Bm Culleredo Sutenor: 43 (19+24) Sara Fernández, África, Sara Villar, Lola, Helena, Thais, Aitana, Claudia, Cintia, María, Rosalía, Noa, Alba.

Árbitros: Jorge Sánchez e Daniel González.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada do Grupo D da Fase de clasificación cadete femenina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *