
A pasada fin de semana disputouse o PLAY Off de ascenso para determinar que equipos participarán en Liga Ouro.O Venres tocounos desputar A 1° xornada fronte o UB Lavadores de Vigo.Un Rival que a priori debería de ser sinxelo, pero que debido os erros de lanzamento dende os 6 metros e a falla de intensidade na defensa foi mais complicado do esperado.Rematariamos o encontro con victoria de 11 goles no noso debut.
A 2° Xornada enfrentounos na mañá do Sábado ao Club Cisne Colegio Los Sauces.Os nosos xuvenís sairon moi centrados conscientes do que había en xogo.Moi intensos en defensa e saindo rápido nas transicións fixemos dano ao equipo de Pontevedra. Vantaxes moi curtas para ambos equipos na 1° metade e así chegaríase ao descanso con empate no electrónico.Tras o parón para descansar a tónica sería a mesma durante os primeiros minutos.Foi a partires de minuto 40 cando o ataque dos xogadores do Galaico Caravaning fallos de movilidade no balón e velocidade nas accións de 1x1 non encontraban ocos na defensa rival.O Cisne aproveitouno e colleu vantaxe de 4 e 5 goles que soubo xestionar e así levariase a victoria.
O Domingo era unha final , o rival eran os veciños bergantiñans do Hierros Varela Urbieta Xiria e o vencedor tería a plaza para xogar en Liga Ouro.O encontro comezou, igualado con alternancia de goles de ambos conxuntos, a partires do minuto 18 da 1 ° metade os xogadores culleredenses moi precipitados cometeron numerosas perdas de balón non forzadas que aproveitaría o Xiria para lograr goles de forma doada.Chegouse o descanso con vantaxe de 5 goles a favor dos bergantiñans despois de 12 minutos no que os culleredenses non conseguiron marvar gol na portería rival.Na 2° metade os xogadores do Galaico Caravaning foron pasiño a pasiño recurtando distancias no marcador para chegar no minuto 10 a lograr o empate.Outra vez o noso equipo caeu no ritmo lento do Xiria e a nosa defensa viase superada polo ataque carballés.As precipitacións e os nervios volverían a apoderarse dos cullerdenses , momento que aproveitou o rival para conseguir unha renda de 4 goles a falta de 5 minutos que foi imposible de alcanzar para os nosos.O Xiria conseguiría a victoria e sería un dos clasificados para a Liga Ouro.Duro golpe para o equipo xuvenil cullerdense que terá que competir na tempada regular en Liga Prata.
