Saltar ao contido

O REMAX RIAZOR CONSEGUE ACCEDER A LIGA OURO

O Balonmán Culleredo Remax Riazor infantil femenino xogaba esta fin de semana o Play Off de ascenso a liga Ouro en Bueu . Un Play Off onde en 3 partidos na fin de semana xogabanse dous ou tres postos para entrar na máxima categoría do balonmán base.

O venres tocaba xogar contra un rival xa coñecido , o Balonmán Tui xa foi un dos rivais na fase previa e a pesar de que o Remax Riazor lograra a victoria o encontro tivera moita igualdade. Non era rival doado .

O encontro comezaba con pequenas ventaxas para o Remax Riazor que conseguía dominar pouco a pouco a primeira metade. A defensa avanzada 3:3 estaba a crear problemas ao ataque do equipo rival , isto trasformábase en interceptacións e goles o contrataque directo . Na fase ofensiva o equipo foi capaza de resolver situacións ante os cambios nos sistemas defensivos do equipo rival 3:3 , 5:1 e na segunda metade 6:0 . Unha segunda metade onde de novo o equipo cullerdense lograba dominar co seu xogo .

Resultado final : Bm Tui 31- Bm Culleredo Remax Riazor 37

2 puntos moi importantes na primeira xornada pero aínda non estaba todo feito quedaban dous encontros con 4 puntos en xogo .

O segundo encontro o Remax Riazor xogaba contra o equipo anfitrión o Atlético Bueu. Un equipo local que foi moi superior o equipo cullerdense en todas as facetas. O factor físico foi fundamental tanto nos choques de 1x1 coma nas saídas o contragolpe ,este aspecto foi unha pesadela para o Remax Riazor que sufriu moito neste encontro, onde o seu rival reflexou que esta moito por enriba do equipo cullerdense. Aínda así pese os aspectos defensivos na fase ofensiva co paso dos minutos conseguiase boas situacións de xogo ata chegar a unha boa cifra de goles a favor , non todo foi tan malo , sempre hai que ver as cousas en diferentes perspectivas para poder ter un bó análisis. pese a superioridade o equipo deu a cara. Evidentemente queda reflexado que queda moito por traballar para iso temos todo un ano por diante.

Resultado final : Atlético Bueu 45- Bm Culleredo Remax Riazor 27.

Despois dunha victoria e unha derrota o Remax Riazor xogábase todo ante o Reconquista de Vigo un equipo formado por xogadoras do Galicia Social de Vigo . Un encontro onde habia moita incertidumbre xa que estes dous equipos nunca enfrontáranse entre si e as dúbidas e os nervos estaban moi presentes neste encontro. O Remax Riazor buscará a vicotria para asegurar o segundo posto da clasificación e o Reconquista de Vigo necesita esa victoria para forzar o triple empate e que o golaverage resolva o segundo posto ou incluso o terceiro (pasan os dous mellores terceiros).

Excelente encontro do Remax Riazor para asegurar un posto na Liga Ouro. A facilidade para encontrar espacios na defensa 5:1 e 6:0 do equipo de Vigo foi unha das chaves do encontro . Na fase defensiva a 3:3 adaptada a un 4:2 polo factor táctico ofensivo do rival estivo moi acertado en aspectos individuais e colectivos. A portería daba seguridade e todalas sensacións era moi positivas.

Resultado final: Bm Reconquista de Vigo 17 - Bm Culleredo Remax Riazor 29

Victoria no último encontro que daba dereito ao Remax Riazor a disputar a máxima categoría do balonmán galego . Moi merecido despois de tanto esforzo dende o 5 de agosto .Isto é un reflexo do sacrificio de todolo que rodea a este equipo , xogadoras, familias, corpo técnico e como non o propio clube en si.

Noraboa por competir en todo este proceso de filtros competitivos onde estamos a ver que é un acerto diante doutros deportes onde non se podería equiparar estes sistemas de competición .

Felicitacións o Remax Riazor , e un equipo de LIGA OURO ¡¡¡¡

BM Culleredo Remax Riazor: Aldara Allegue, Sabela Lamas, Andrea Muñoz, Olivia Pan , Aroa Bestilleiro, Candela Tizón , Sofia Orge,Salma Martinez, Elena Aneiros, Uxia Seoane.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *