
(SM) BM Culleredo - BM Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal
Este pasado Sábado, abríase o pano da liga 2025/26 na primeira nacional masculina e o BM.Culleredo recibía no municipal de Tarrío ao BM. Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal. O equipo chegaba ao envite con confianza, despois do bo partido ante o OAR Coruña unha semana antes e desexaba comezar ante a súa afección facendo seus os primeiros dous puntos. A posta en escena sería inmellorable, tal e como representaba o 4-1 que reflectía o marcador nos primeiros instantes e o conxunto visitante víase na obriga de esgotar o seu primeiro tempo morto para recompoñerse. A facilidade coa que os cullerdenses atopaban o camiño cara á portería contraria no posicional, era incontestable e tan só quedaba por axustar algunhas situacións na retagarda cando os ourensáns daban continuidade de esquerda a dereita. Despois de alcanzar a máxima diferenza deste primeiro tempo (18-11), o BM.Culleredo levantaría lixeiramente o pé do acelerador e sufriría algúns erros ao fío do descanso que outorgarían ao seu rival a posibilidade de lograr un parcial favorable nos últimos cinco minutos (2-4). Con todo, o BM.Culleredo conseguía unha diferenza cómoda que poñía en franquía o partido de cara a reanudación (20-15).
O conxunto de Culleredo realizaría un segundo acto con certos altibaixos no ritmo de xogo, aínda que as diferenzas non baixarían nunca dos cinco goles a favor. A máxima, establecida en oito cando quedaban dez minutos (32-24), finiquitaba definitivamente o encontro nunha superioridade manifiesta, aínda que desde entón, os locáis baixarían a intensidade e o seu rival, xa esgotado fisicamente, terminaría por acercarse un pouquiño máis, cedendo finalmente por un marcador de 37-30. As rotacións, a eficacia en ataque e o bo facer na portería de Oscar, acabarían por ser determinantes e conseguir, desta forma, os dous primeiros puntos nun inicio soñado.
BM. Culleredo: 37 (20+17). Hugo Díaz (P), Oscar Bello (P), Alejo Martínez (2), Carlos Costa (5), Alejandro Gómez (4), Marcos Regueiro (1), Roi García (2), Iago Ferreiro (3), Iván Sánchez (4), Nico Casal, Marco García (1), Juan Pereira (1), Nuno Loxo (8), Adrián Díaz (1), Mario Crecente (3), Henrique Traba (2).
BM. Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal: 30 (15+15). Iker Álvarez (1), Pablo Gayoso (3), Manuel Villalba (4), Celso Ramón Sotelo (4), Pablo Martínez (4), Nicolás Vizcaya, Miguel Cortés, Juan Sotelo (3), Javier Bernárdez (8), Nicolás Alberte (2), Mario Fdez, Samuel Fdez, Denis Lorenzo (1), Lois Rodríguez, Antón Castro-Gil, Rubén González.
Parciais cada 5 ́: 3-1 / 6-4 / 10-5 / 15-8 / 18-11 / 20-15 / Descanso / 21-16 / 23-18 / 26-20 / 32-24 / 34-27 / 37-30 / Final.
Colexiados: Yonatan Lazaro e David Portugal.
Incidencias: Primeira Xornada da tempada 2025/26 en la 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no municipal de Tarrío con boa afluencia de público.
Fotos do encontro:
