
Calvo Xiria vs BM.Culleredo: [1ª EST.MASC.- AMIGABLE] CALVO XIRIA vs BM. CULLEREDO
BM.Culleredo vs Attica 21 Hotels OAR Coruña: (SM) Bm Culleredo - Attica 21 Hotels OAR Coruña
O BM.Culleredo, tivo un dobre enfrontamento a semana pasada que completa a preparación desta pretemporada antes do inicio da primeira nacional masculina no municipal de Tarrío o vindeiro sábado 13/09/2025. O cómputo xeral entre o partido que lles enfrontou ao Calvo Xiria o pasado martes e o deste Sábado ante o flamante recentemente ascendido á DHP, o Attica 21 Hotels OAR Coruña, resultou cun saldo positivo, dadas as boas sensacións coas que o equipo remata a fase de preparación. As mellores sensacións chegaban no día de onte como locais e no marco das festas de Tarrío, onde o BM.Culleredo plantaba cara a todo o potencial dun conxunto de categoría superior como o OAR da Coruña. Anteriormente, o Martes, os cullerdenses realizaban unha primeira parte destacable no Vila De Noia de Carballo ante o Calvo Xiria, aínda que na segunda, o 5:1 defensivo sumaría excesivos erros de vulto que haberá que solucionar a través do traballo nos adestramentos. Con todo, a cara competitiva do equipo segue crecendo ano trás ano e aínda que esta análise haberá que facela ao termo da competición ligueira 2025/26, as sensacións que nos deixa o conxunto de Culleredo é un maior pouso e madurez nos encontros desta pretemporada. Os xogadores máis novos crecen cada ano no seu xogo e, xunto aos veteranos, aséntanse nunha categoría cada vez máis esixente. A proba de lume do conxunto cullerdense tería lugar onte ante o OAR e o equipo terminaría por conseguir un aprobado alto. Serio, activo e contundente na retagarda e cun balance defensivo digno de comentar pola concentración e actitude de todos os xogadores, o BM.Culleredo competiría e miraría, en moitos momentos, á cara dun OAR que impoñía moitísimo polas capacidades físicas dos seus xogadores. Agora, haberá que poñer a vista no verdaderamente importante e trascendente o Sábado 13 as 19:30 en Tarrío, onde os dous primeros puntos estarán en xogo ante o BM.Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal.
Calvo Xiria: 40 (20+20). Antonio Mato (P), Darío Calviño (P), Esteban Puñal, José Manuel Negreira, Pablo Veiga, Julián García, Hugo Rodríguez, Samuel Veiga, Julián López, Dani Periscal, Jorge Bouzas, mario García De Seárez, Marcos Suárez, Carlos Varela, Diego Gago, Senén Garea.
BM. Culleredo: 34 (18+15). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Hugo Díaz (P), Carlos Costa (2), Juan Pereira (4), Roi García, Marco García (1), Marcos Regueiro (3), Alejo Martínez (5), Alejandro Gómez (5), Mario Crecente (4), Iván Sánchez (4), Iago Ferreiro (1), Nico Casal (1), Nuno Loxo (3), Adrián Díaz (1).
Colexiados: Pablo Barreiro e André Pena.
Incidencias: Encontro amigable de pretemporada. Partido disputado no pavillón Vila De Noia de Carballo, con moi boa entrada e siareiros de ambos os conxuntos presentes nas bancadas.
Fotos do partido: https://photos.app.goo.gl/KJsNLxngmpQgDJEc7
BM.Culleredo: 22 (11+11) - Attica 21 Hotels OAR Coruña: 29 (15+14) .
Polo BM.Culleredo xogaron e marcaron: Marco González (P), Oscar Bello (P), Hugo Díaz (P), Juan Pereira (3), Alejandro Gómez (1), Marcos Regueiro (2), Adrián Veira (1), Henrique Traba (3), Iago Ferreiro (2), Iván Sánchez, Nico Casal (1), Marco García, Nuno Loxo (4), Adrián Díaz, Alejo Martínez (3), Roi García (2).
Colexiado: Iago Allegue. Boa arbitraxe.
Incidencias: Último encontro preparatorio desta pretemporada 2025. Partido disputado no municipal de Tarrío dentro do marco das festas do pobo. Moi bo ambiente nas bancadas con moitos siareiros do balonmán da provincia de ambos os conxuntos.
Fotos do partido: https://photos.app.goo.gl/MQV25WpfoZJnQ2366
