Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, SAE VENCEDOR NO TEST ANTE O BM.ARTEIXO

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, segue traballando e afinando os automatismos para asimilar o modelo de xogo e chegar nas mellores condicións ao Play-Off que dá acceso a competir na liga Ouro da categoría cadete masculina, obxectivo prioritario do plantel cullerdense. No marco desta preparación, o BM.Culleredo Despreocúpate.es e o BM.Arteixo, disputaron un entretido partido o pasado venres no polideportivo de Almeiras, que a recado servirá para que ambos os corpos técnicos tomen boa nota dos conceptos que deben de asentar nos seus respectivos conxuntos. O equipo de Culleredo mostrou unha cara irregular, especialmente no seu talón de Aquiles que non é outro que a fase defensiva. Faltos de intensidade e contundencia na retagarda, custou e moito romper o partido de forma definitiva, situación que non se conseguiría ata ben avanzada a segunda parte. Sí tiveron os cullerdenses un inicio prometedor, cun marcador electrónico que reflectía un 7-2 incontestable, pero que co paso dos minutos e a escasa eficacia nas accións defensivas, os veciños de Arteixo foron quen de ir reducindo, amosándose superiores nas accións de 1x1. A o termo dos primeiros trinta minutos, a diferenza rebaixaríase a catro goles e todo quedaba por resolverse na segunda parte do envite. Non terminaba de conseguir unha liña regular no xogo o BM.Culleredo Despreocúpate.es, acumulando demasiados erros en situacións marcadas sobre o modelo en accións defensivas. O avance dos minutos no segundo acto, sería clave para que o equipo se asentase mellor nesta faceta e implementase unha maior iniciativa na disuasión par-impar, acompañada dun maior ritmo de pernas que provocaba as primeiras dúbidas e, con elas, os erros do rival. A partir das recuperacións de balón, os locais explotaban toda a velocidade do xogo na fase de contraataque e conseguían distanciarse definitivamente para asinar unha ampla vitoria que dá moitos ánimos para continuar traballando cara a ese Play-Off do mes de Outubro.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 48 (21+27) - BM.Arteixo: 32 (20+12).

Por parte do BM.Culleredo Despreocúpate.es, disputaron este encontro:

Mateo Basanta (P), Iago Bolaños (P), Xurxo Méndez (P), Alejandro Soto, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Iván Gantes, Jacobo Soto, Martín Casal, Javi Orge, Mauro Fdez, Teo Gómez, Alexis Martínez, Guillermo Blanco.

Colexiados: Nico Vázquez.

Incidencias: Partido amistoso disputado no polideportivo de Almeiras con boa afluenza de público nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *