Saltar ao contido

Fase de clasificación xuvenil masculina

A semana pasada voltamos a competición para desputar A fase de clasificación de cara ao Play Off de ascenso.O sorteo encadrounos nun grupo de 3 equipos onde teríamos como rivais o SEIS DO NADAL e o BALONMAN LUCEROS.


Balonman Culleredo Galaico Caravaning - Seis do Nadal Coia


Un encontro con moita diferencia física entre os dous equipos e que xa dende os primeiros minutos o equipo cullerdense collería a dianteira no marcador chegando ao descanso con vantaxe de 12 goles.Tras o parón de descanso, o xogadores cullerdenses continuaron co mesmo ritmo e intensidade e seguiron aumentando as diferenzas no electrónico. A mayor velocidade e intensidade dos nosos xogadores foi inalcanzable para o equipo vigués e rematamos o encontro cun abultado resultado de 36-10 .


Buenas Migas Luceros-Balonman Culleredo Galaico Caravaning


Na mañá do Sábado visitamos a sempre complicada pista do Gatañal.
Na primeira metade do encontro , o bo xogo defensivo basado na intensidade , actitude e solidaridade de todos os xogadores permitiunos conseguir goles sinxelos en transición e tamén en contraataque directo.
No xogo posicional estivemos atascados e moi estáticos ante unha defensa moi profunda e con moitos centímetros na que era difícil encontrar ocos para conseguir gol.Chegamos ao descanso co equipo Cangués dominando o marcador por 3 goles de vantaxe.
Na 2° metade, baixamos a intensidade defensiva e a concentración que sumado a 3 exclusións nos primeiros 10 minutos ,foron aproveitadas polo Luceros para alcanzar una amplia vantaxe de 8 goles. A diferencia tan amplia non fumos capaces de recortala e nos derradeiros minutos do encontro froito do cansancio e a deixadez seguiu aumentando para finalizar cun amplio 37 - 24 no electrónico.

Agora toca seguir adestrando e preparando o PLAY OFF de ascenso que se disputarán os días 12,13 e 14 de Setembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *