
O BM.Culleredo Despreocúpate.es, non puido liquidar con éxito o segundo partido oficial da tempada e cedeu na pista do Serviauto Bueu ATL. Balonmán ante un conxunto que sempre se mostrou superior. Co plantel aínda colleito con pinzas e con algunha baixa importante dentro do seu esquema, o BM.Culleredo adoeceu de certa falta de intensidade para competir ante un equipo chamado a estar entre os mellores e víuse desbordado pola superioridade física do seu rival. Foi un partido con carencias defensivas moi evidentes en ambos os conxuntos e resolto polos locais grazas á manifesta superioridade nas accións de 1x1. Os cullerdenses, inferioires en talla e peso, non foron capaces de impoñerse en ningún momento a estes ataques e, ante a ausencia de axudas, os budetenses atopaban espazos moi francos cara a portería rival. No posicional en cambio, a historia era ben diferente e aínda que había pouco ritmo de balón e un abuso excesivo do bote, o BM.Culleredo Despreocúpate.es non atoparía excesivos problemas en aumentar os seus algarismos no electrónico ante a fraxilidade defensiva dos de Bueu. O 23-17 que apuntaba o marcador no tempo de descanso, reflectía perfectamente a superioridade dos ataques por encima de ambas as retagardas. No segundo acto e a pesar do cambio defensivo de 5:1 a 6:0 e de novo deste sistema a 5:1, a situación non cambiaría e o BM.Culleredo Despreocúpate.es non sería capaz de frear as acometidas dos locais que, apoiados nunha cómoda diferenza, acabarían por levarse o partido e os dous puntos en xogo.
Serviauto Bueu ATL. Balonmán: 48 (23+25). Miguel Cadilla, Mateo Baña, Diego Otero, Iago Cerqueira, Alberto Fdez, Marco Soliño, Francisco Ríos, Yoel Rodríguez, Roi Dávila, Darío Cerviño, Xurde Rey, Kevin Bon.
Bm Culleredo Despreocúpate.es: 40 (17+23). Mateo Basanta (P), Iago Bolaños (P), Martín Casal, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Alex Soto, Iván Gantes, Guillermo Blanco, Javi Orge, Aarón Beade, Jacobo Soto.
Parciais cada 5´: 4-3 / 6-4 / 11-4 / 15-9 / 20-14 / 23-17 / Descanso / 28-23 / 33-28 / 37-30 / 42-32 / 45-33 / 48-40
Colexiados: Martín Rodríguez e Diego Rivera.
Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada da Fase De Clasificación disputado no pavillón Pabl oHerbello de Bueu. Ampla representación de siareiros de ambas afecións nas bancadas.
Fotos Do Encontro: https://photos.app.goo.gl/MfybaT4LuyqMvtkr6
