Saltar ao contido

UN BM.CULLEREDO EN CONSTRUCIÓN, CEDE NO PRIMEIRO PARTIDO OFICIAL DA COPA DE GALICIA ANTE O BM. RECONQUISTA DE VIGO

(SM) BM Culleredo - Balonmano Reconquista de Vigo

Segunda posta en escea do BM.Culleredo nesta pretemporada do mes de Agosto, pero primeira oficial e como local nun pavillón de Tarrío que comenzou frío nas bancadas, pero que foi aumentando o número de siareiros para disfrutar dun encontro moi entretido. A intensidade dos locáis no inicio foi encomiable, apostados nunha defensa con moitas pernas e contundencia. O alto ritmo imposto trasladaba ao espectador un partido vistoso e a igualdade acababa por sumilo nunha incerteza apaixoante. As diferenzas a favor de un e outro conxunto serían mínimas, ata ese 18-19 que reflectía o electrónico ao termo dos primeiros trinta minutos. Os guarismos evidenciaban a superioridade dos ataques ante as retagardas e todo en conxunto alimentaba os desexos de continuar outros trinta minutos cun espectáculo digno de ver. Serían os visitantes os que conseguirían dous goles de distancia nos primeiros instantes da reanudación ,que a tenor do visto con anterioridad, era un marxe nada despreciable. Co paso dos minutos, as pernas comenzaban a acusar a fatiga e o desenvolvemento defensivo non mostraba tanta densidade nin contundencia, cedendo en moitas ocasión ante a calidade no 1x1 dos olívicos. Entrando nos derradeiros dez minutos, a diferencia ampliábase a catro tantos (28-32), rédito que saberían manter os xogadores do BM.Reconquista levando o ritmo do encontro a onde máis lles conviña.

BM.Culleredo: 35 (18+17). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Xoán Canedo (2), Juan Pereira, Alejandro Gómez (7), Marcos Regueiro (3), Pedro Pereira (2), Mario Crecente (1), Iago Ferreiro (5), Iván Sánchez (2), Nico Casal (1), Marco García (5), Nuno Loxo (2), Adrián Díaz (4), Alejo Martínez (1), Roi García.

BM.Reconquista De Vigo: 39 (19+20). Juan Novás, Yeray Simes, Fernando Jesús Murillo, Alejandro Gómez, Manuel Hernández, Daniel Arcila, Nicolás Fdez, Alberto Hernández, Manuel Rodríguez, André De Moura, Roberto Castro, Breixo Álvarez, Alex Rey.

Parciais cada 5´: 3-3 / 6-6 / 10-9 / 12-13 / 15-16 / 18-19 / Descanso / 21-23 / 24-25 / 26-28 / 28-32 / 31-34 / 35-39 / Final. 

Colexiados: André Pena e Renzo Martín Díaz.

Incidencias: Primeiro encontro oficial da tempada 2025/26 no marco da Copa Galicia. Partido disputado no municipal de Tarrío cun centenar se siareiros nas bancadas e bo ambiente de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *