Saltar ao contido

UN BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES MERMADO POLAS BAIXAS, SUPERA AO ASMUBAL MEAÑO NUN SUFRIDO PARTIDO

O BM.Culleredo Despreocúpate.es púxose a proba este pasado sábado no primeiro test oficial da tempada. O equipo cullerdense chegaba a este partido moi falto de efectivos, unha circunstancia que reduciría considerablemente o seu potencial e xeraría dúbidas sobre a importancia dun encontro que podería ter repercusión nos Play-Offs onde se xogará por unha praza na Liga Ouro. Os visitantes, o Casa Portuguesa Asmubal Meaño, ameazaron as posibilidades de vitoria do Culleredo cunha boa xeración, como demostrou nunha primeira metade na que o equipo local chegaría a estar tres goles por debaixo. O BM.Culleredo Despreocúpate.es comezou o encontro cunha defensa 5:1 co obxectivo de poder recuperar e executar a transición. Aínda que houbo varias oportunidades exitosas nos primeiros compases, hai que dicir que a medida que pasaban os minutos, o equipo de Meaño demostrou ser superior en situacións de un contra un, desbaratando repetidamente unha defensa que carecía de axudas e contundencia nos contactos. No ataque posicional, o BM.Culleredo Despreocúpate.es atoparía espazos claros hacia a portería rival e a súa conexión co pivote, superaba a sistemática 5:1 plantexada polos pontevedreses. Co reaxuste defensivo e o cambio a 6:0 por parte de Asmubal Meaño, os cullerdenses viviron os seus peores momentos, incapaces de superar a barreira defensiva e o porteiro visitante, que con ata cinco 7m parados, mostrou ser o maior pesadelo neste período. A desvantaxe chegaría a uns preocupantes tres goles, pero a reacción sería positiva para darlle a volta ao marcador e retirarse aos vestiarios ao descanso, gañando pola mínima (18-17).

Sería na reanudación cando o BM.Culleredo.es conseguiría romper a igualdade, grazas a manter o ritmo alto que lle conviña e esperar que a fatiga fixera mella no seu rival, que non contaba con rotacións na primeria liña. As transicións sucedíanse despois das recuperacións de balón e a diferencia iría aumentando ata ese 45-34 final que deixa unha importante vitoria antes de enfrontarse, a semana que ven a un dos equipos máis poderosos da categoría, o Serviauto Bueu ATL. Balonmán.

Bm Culleredo Despreocúpate.es: 45 (18+27). Mateo Basanta (P), Xurxo Méndez (P), Martín Casal, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Alex Soto, Iván Gantes, Guillermo Blanco, Javi Orge, Aarón Beade, Jacobo Soto

Casa Portuguesa Asmubal Meaño: 34 (17+17). Sergio Sabaris, Eloy Cores, Adnane Nmily, Unai otero, Aarón Fdez, Santiago Bouzada, Gabriel Joaquín Torres, Martín Muñiz, Mario García, Gael Fdez, Joaquín Gregorio Torres.

Colexiados: André Pena e Víctor Pérez.

Incidencias: Partido correspondente á primeira xornada da Fase De Clasificación disputado nun polideportivo de Almeiras con siareiros das dúas afecións nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *