Saltar ao contido

El SUTENOR FORJADO EN LA ÉLITE NACIONAL , REGRESA CON SED DE GLORIA PARA CONQUISTAR LA COPA FEDERACIÓN

As miniguerreiras do Sutenor volven a sumar una nova e grata experiencia esta pasada semana viaxando a Les Franqueses (Barcelona ) para vivir un novo sector nacional. Un Sector moi compricado onde estaráin o campión de Cataluña, o campión de Navarra e Murcia , o segundo clasificado de Andalucía e o terceiro de País Vasco.. Un reto abismal para un grupo que segue en proceso de crecemento.

Todo parecía que as nosas ian a ser superadas en todo o momento pero unha vez máis volveu a sair o espirítu competitivo das nosas cullerdenses.

O primeiro encontro e quizáis o máis determinante foi contra o Anaitasuna , un clube de alto rendemento con equipo en Asobal , que atrae a todolos talentos da súa comunidade. As nosas sairon sen tapuxos, unha primeira parte cun xogo excepcional do Sutenor facía soñar. O nivel defensivo mostrado era digno de alto nivel , forzando numerosas pérdidas ao equipo rival ,e amosando un xogo fluido no ataque. Na segunda metade o equipo atrancouse sobretodo a nivel ofensivo , o Anaitasuna subiu o nivel defensivo e lograba frear o equipo cullerdense que ainda así non deixaba se ir no encontro . O remate do encontro , derrota do Sutenor cun resultado de 18-25 a prol do equipo navarro.

No segudo encontro e xa sen apenas descanso as nosas xogaban ante o Judesa de Murcia, un principio onde as nosas non estiveron acertadas de a cara a finalización nos lanzamento a portería pero seguían cun bó rigor a nivel defensivo . O dominio do encontro era cullerdense e iso predominou en todalas fase do encontro menos no último tramo onde as forzas debilitaronse e o Judesa consguía empatar o encontro nos úlitmos intres. Un empate que pode dicirse que nun campionato de España é unha victoria . Resultado final 22-22.

Xa no úlitmo encontro e cun rival moi compricado o segundo de Andalucía as nosas vironse moi superadas ante un gran rival, sobretodo na primeira metade. Unha defensa moi dura do equipo andaluz facía claudicar as nosas . Pero todo cambiou na segunda metade onde volveu a rexurdir o espíritu competitivo das nosas miniguerreiras. ¿ Que fixeron? Gañar a segunda metade ante un gran equipo e terminalo encontro cunhas sensaciones inmellorables.Non se pode pedir máis a este grupo neste sector estatal . O equipo non perdeu a súa esencia e iso e algo que dicta moito respeto ante este combinado . Resultado final 26-18.

Os que coñecen a personalidade deste EQUIPO , non poden pedir máis , unha vez máis o Sutenor reflexaba o que é o BALONMÁN CULLEREDO , comparándose con distintas xeracións disputando e competindo sectores estatales. Quizáis nun tempo hai que velo con distinta perpectiva , xa que a primeira vista todo pareceu moi fácil... Pleno de victorias na Fase Previa e no Play Off de ascenso , unha regularidade espectácular no campionato ligueiro xogando pelexando ante rivais e poñendo contra as cordas a os mellores equipos de Galicia que curiosamente están hoxe en día no TOP 8 nacional .

O aura e o sentir deste equipo queda reflexado para a posteridade , hai cousas que non se olvidarán na vida. Quedará para sempre nas retinas das xogadoras, das familias, dos afeccionados, do corpo técnico . Grazas por este viaxe tan épico que ninguén a principio de tempada imaxinabase.

Pero non todo acababa no sector nacional ...... Aínda quedaba volver o luns e sen descanso xogar o último encontro da Copa Federación . O Sutenor estaba a unha victoria para conseguir un titulo e as nosas non sairon a especular , sairon ao máximo rendemento , non houbo concesión e as nosas puideron acabar o encontro cunha victoria para finalizar esta minisemana competitiva onde o resultados foron magnificos. Toca disfrutar aínda que sexa por uns segundos, por uns días o polo tempo que cada un vexa conveniente porque realmete é para facelo .

GRAZAS POR PARTE DO CLUBE , SEN ESTAS XOGADORAS NUNCA SERÍA POSIBLE.

HELENA PORTAS, AROA BESTILLEIRO, CANDELA TIZÓN, ALDARA ALLEGUE,ALBA ROMERO, SALMA MARTINEZ, AROA MARTINEZ, YASMIN GABARRI,ELENA ANEIROS, SOFÍA ORGE,UXÍUA SEOANE,CELIA GONZÁLEZ, SARA VILLAR,AITANA GESTAL Y NOA OTÓN.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *