
Último encontro das nosas infantís na Copa Federación antes de marchar ao campionato estatal de cara o próximo fin de semana.
Un encontro onde as nosas sairon moi concentradas a nivel defensivo. O sistema 5:1 estaba a ser clave para a defensa cullerdense que apenas tiña erros e senon eran corrixidos para afrontar con mellor disponibilidade o ataque carballés.
O Sutenor estaba moi sólido a nivel defensivo pero quizáis non o estivo a nivel ofensivo , concretamente na efecitvidade de lanzamentos, xa que que tan só na primeira metade erraronse 3 lanzamentos de 7 metros. Ainda así o Sutenor estaba a dominar o encontro , de novo os desprazamentos defensivo e solidaridade de este equipo estaba a reflexar o disposto nos adestramentos.
Pouca diferencia no marcador pero quizáis máis na proposta de xogo , ,mágoa os lanzamentos errados en situacións moi favorables , con isto se chegaría ao descanso cun resultado de:
Bm Culleredo Sutenor : 11 - Tubasys Xiria 9
Na segunda metade o equipo tivo un rendemento a nivel defensivo moi alto , estabase a cumprir as premisas defensivas no sistema 5:1 . O bloque compacto estaba a crear moitos problemas ao ataque visitante.
Na fase ofensiva , a problemática da efecitivade seguiu mantendose, o xogo era bó , a velocidade de balón correcta, o balón movíase dun lado a o outro pero os lanzamentos non entraban. A balanza estaba equilibrado polo factor defensivo . Isto nesta ocasión chegaba para poder dominar o encontro onde as rapazas do Sutenor coneguían un triunfo máis.
O traballo está feito e agora toca disfrutar dunha nova mini-etapa competitiva onde as nosas cullerdense desprazaránse a zona de Les Franqueses para poder disputar o sector nacional .
Resultado final: Bm Culleredo Sutenor 22- Tubasys Xiria 15
Bm Culleredo Sutenor: Helena Portas, Elena Aneiros, Candela Tizón, Salma Martinez, Noa Otón, Celia González, Aroa Bestilleiros, Aroa Martinez, Alba Romero, Aitana Gestal , Uxía Seoane, Sara Villar,Yasmine Gabarri y Aldara Allegue.
Tubasys Xiria:Sara Trigo, Lara Pensando , Carmen Fuentes, África Gómez, Sofia España, Abigail Gonzalez, Alba Mourelle, Paula Andrade, Lara Sande, Sandra Regueiro.
Parciais cada 5`: 2-1/6-4/7-6/9-8/11-9/15-9/16-11/19-12/22-15
Árbitros: Jorge y André Pena.
Incidencias: Xornada 3 da Copa Federación disputado no pavillón municipal de Almeiras.