
O último encontro para o Canosa Abogacía e quizáis o encontro máis compricado da tempada por mor do alto nivel do rival , nada máis e nada menos que o campión galego o Grupo Lemaco Xiria A.
As nosas guerreiras afrontaban un encontro onde non tiñan nada que perder,moitas infantís no grupo axudando dende a humildade .
O encontro comezaría con igualdade nos primeiros compases pero que pouco a pouco o equipo local iase a distanciar impoñendo o seu ritmo defensivo e enlazando os contrataques pertinentes.
As pérdidas de balón estaban a ser un lastre para o Canosa Abogacía que ainda así non perdía a cara ao encontro. Pese a superioridade do equipo rival ,as nosas cullerdenses estaban a facer un bó encontro , plantadas na pista coma un equipo , o reflexo da tempada plasmado na pista do Vila de Noia.
O equipo local seguiu con gran ritmo e a ventaxa era xa inalcanzable, moita diferencia no marcador pero quizáis non tanta diferencia con respecto a visibilidade do xogo .
Resultado ao descanso: Grupo Lemaco Xiria A 24- Bm Culleredo Canosa Abogacía 10
Na segunda metade o Canosa Abogacía saiu con máxima concentración , sobre na fase organizativa. Plantouse ordeadamente, seguiu propoñendo unha defensa 5:1 que xa na primeira metade foi efectiva e nesta segunda tamén, tan só 12 goles recibidos nesta segunda metade. As axudas constantes , o sacrificio pola compañeira e a loita por querer recuperar o balón facián mella no ataque carballés.
Na fase ofensiva o xogo colectivo a base de transformacións da primeira liña estaba a dar problemas ao equipo rival. O balón movíase rápido e as tomas de decisión estaban a ser acertadas. Non había tanta pérdida de balón e retención o que facía que o equipo local xa non correra o contrataque . O dominio era cullerdense, a intensidade e concentración era máis alta que o equipo rival e iso reflexouse empatando a segunda metade,que dise moi fácil pero non o é ...
Todo dito por parte das xogadoras na pista deportiva que é onde se ten que falar e sentir . A xogadoras non ten que leer o xogo se non teñen que escribilo e onte poderiamos dicir que escribiron un Best -Seller.
Resultado final: Grupo Lemaco Xiria A - 36- Bm Culleredo Canosa Abogacía 22
Grupo Lemaco Xiria A: Mencía Rodriguez, Sofía Rey, Lorena Ngnipa, Lucia Castiñeiras, Elena Rodriguez, Natalia Varela, Ana Antelo, Julia Verdes, Xulia Suarez., Lucía Ngnipa.
Bm Culleredo Canosa Abogacía: Sara Bello, Claudia Regueiro, Antía García, Alba Sanmartin, Thais Villaverde, Simona Seo, Noa Otón, Sara Villar, Celia González, Cintia Miguez.
Parciais cada 5`: 3-3/9-3/14-7/16-7/19-90/24-10/15-13/18-15/30-17/33-19/35-22/36-22
Árbitros: Renzo Martin y Saúl Fuentefría.
Incidencias: Xornada 3 da Copa Federación disputado no pavillón Vila de Noia.