
O Fisioterapia Benestar viaxaba a Carballo para enfrontarse novamente ao Grupo Lemaco Xiria B . O encontro comezaba cunhas defensas impoñendose ao ataque , cuns primeiros 5 minutos sen goles, algo destacable neste inicio de encontro . Un Fisioterapia Benestar moi mermado por moitas baixas pero que unha vez arrancou o reflexo dos adestramentos comezou a xurdir . A regularidade defensiva no bloque de 6:0 seguia compacto e na fase ofensiva as cullerdenses comenzaron a demostrar un xogo disciplinado no que pouco a pouco distanciarianse no marcador con pequenas distancias pero sempre levando o dominio do xogo .
A organización ofensiva estaba a ser efectiva pese a algún lanzamento errado , pero sobretodo destacar o xogo largo e a velocidade de balón que estaba a crear moitos problemas a defensa local .
Resultado o descanso Grupo Lemaco Xiria B 7- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 12
Na segunda metade o equipo imprimiu un pasiño máis , onde as nosas seguían a realizar un xogo moi disciplinado onde xa con ventaxas de ata 7 goles matiñan o control do partido.
O ataque ante 5:1 con transformacións de primeira liña estaban a crear moitos espacios para poder aproveitalos e así foi nesta segunda metade, onde vironse situacións de xogo moi correctas con tomas de decisión que as veces fannos perder a perspectiva da formación xa que o ben que se fixo hoxe nun xogo sencillo e efectivo , as veces os equipos máis experimentado non son capaces de realizar.
Destacar o debut das infantís Elena Aneiros e Uxía Seoane que non se amilanaron en ningún momento e puideron axudar ao equipo e disfrutar con elas de este encontro .
Boa finalización de ano nun ano para enmarcar a todolos niveis.A demostración da mellora do xogo colecitvo viuse reflexado durante o paso do ano pero neste último treito de tempada hai situacións que reflexan o ADN de este equipo, a humildade , solidaridade que reflexan en cada encontro foron uns dos factores claves para conseguir estes aspectos básicos no deporte base.
Resultado final :Grupo Lemaco Xiria B 21- Bm Culleredo Fisioterapia Benestar 27
Grupo Lemaco Xiria B:Aroa Lista, Africa Gómez,Mara Vidal , Ines Cabeza, Lara Varela, Lara Sande, Alba Mourelle, Sara Pallas, Noa Caamaño, Lucia Castiñeiras, Fatima Varela,
Bm Culleredo Fisioterapia Benestar : Helena Portas, Sara Fernandez,Maria Otero, Rosalí Veiga,Alba Fernández, Sofia Meijide, Aitana Gesta, Daniela Pérez,Uxía Seoane, Elena Aneiros.
Parciais cada 5`:1-1/3-1/5-3/7-5/9-6/12-7/15-10/17-11/19-13/23-16-25-19/27-21
Árbitros: Saúl Fuentrefría y Renzo Martin.
Incidencias: Xornada 3 da Copa Federación , disputado no Vila de Noia , en Carballo.