
O equipo xuvenil feminino BM.Culleredo Baía Edicións, conseguíu o pasado sábado unha meritoria vitoria en Lugo contra un bo rival e constatou así, de forma definitiva, o primeiro posto do grupo Norte I na Copa Federación. O conxunto cullerdense, que traballou desde o inicio de forma incansable e ao longo dos sesenta minutos, liderou sempre o marcador e completou o envite cunha regularidade notable en todas as fases do xogo. Alternando o sistema 6:0 e 5:1 en defensa, conseguiría deixar en tan só nove goles ao seu rival, nun primeiro tempo no que Aroa tamén respondería positivamente na portería, dando isto unha tranquilidade relativa no posicional á hora de acometer o ataque. Nesta fase do xogo, destacaría a disciplina táctica do equipo, sempre dirixido con moito sentido desde o posto de central ante os sistemas defensivos expostos polas lucenses. Así, os desdobramentos ante 5:1, as saídas das extremos por fóra ou o xogo de amplitude con cruzamentos ante 6:0, serían situacións de inicio que o equipo sabería resolver con intelixencia, sacando proveito dos diferentes procedementos. No segundo tempo, o BM.Culleredo Baía Edicións, iría aumentando a diferenza co paso dos minutos ata conseguir ese triunfo merecido ante o bo conxunto de Lugo. Lamentar a lesión por traumatismo no xeonllo esquerdo de Irene, á que lle desexamos unha pronta recuperación.
Bm Lucense: 24 (9+15). Yanira Fdez, María López, Carla Bouza, Sara Ferreiro, Julia Pereira, Ángela Gavela, Coral García, Eyram Sefenu, Iria María Amedo, Lucía Varela, Candela Fdez, Aya Aferdad, Laura Vázquez, Andrea Corral.
Bm Culleredo Baía Edicións: 28 (13+15). Aroa García (P), Aldara Piñeiro, Eva Outón, Leire Barbeito, Lúa Fernández, Paula Peteiro, Luana Gómez, Carla Muiño, Irene Rodríguez, Carmela Erías.
Árbitros: Juan Carlos Amedo.
Incidencias: Encontro que foi aprazado no seu día e que correspondía a xornada 2 da Copa Federación (Grupo Norte I). Derradeiro partido para terminar a competición oficial no curso 2024/25.