Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SALUME COCINAS, IMPONSE NUN PARTIDO SEN DEFENSAS

O BM.Culleredo Salume Cocinas, madrugaba o pasado sábado para acudir á Casa Do Deporte en Lugo. Alí, esperaba o BM.Lucense para disputar o último encontro da Copa Federación (Grupo Norte II) e, ademáis, da tempada oficial no curso 2024/25. Foi un encontro onde as defensas non existiron, mostrándose febles ante os ataques posicionais de ambos os conxuntos e deixando desprotexidos aos seus respectivos porteiros. O 20-21 ao descanso, que ben podería resultar un marcador final, daba fé diso. O BM.Culleredo Salume Cocinas, comenzaría dominando o envite, pero despois dun parcial de 4-0. tomaría a dianteira o conxunto de Lugo (11-10). Tras úns minutos nos que a diferencia erá mínima para os locáis, os cullerdenses voltarían a establecer as táboas e conseguiría adiantarse para marchas os vestiarios dominando pola mínima no tempo de descanso (20-21). Nos primeiros intres do segundo tempo, o BM.lucense voltaría a revertir a diferencia para dominar pola mínima ata que o BM.Culleredo Salume Cocinas, conseguía un parcial de 1-5 grazas as situacións de contraataque e alcanzaría unha distancia xa insalvable para os locáis. Os cullerdenses ampliarían a súa vantaxe e afrontarían os últimos minutos con certa tranquilidade, liquidando o partido por eses cinco goles de diferenza e conseguindo así, de forma definitiva, o segundo posto do grupo. As transicións dos de Culleredo neste segundo acto, acabarían por ser definitivas para despegarse e alcanzar unha diferencia cómoda que terminaría por ser insalvable para os locáis.

Bm Lucense: 40 (20+20). Daniel Sanjuan, Lucas Díaz, Miguel Barreiro, Álvaro Guerrero, Hector Expósito, Rodrigo Fouz, Martín Alonso, Martín Freijo, Adrián Mosquera, Ian Jared, David González, Petrisor Angheluta, Víctor Areán, André Fdez.

Bm Culleredo Salume Cocinas: 45 (21+24). Mateo Basanta (P), Iago Bolaños (P), Hugo Nodar (P), Pablo Penelas, Alexis Martínez, Martín Casal, Mauro Fdez, Antón Rodríguez, Isaac Lorenzo, Teo Gómez, Alex Soto, Iván Gantes, Guillermo Blanco, Beltrán González Camino.

Parciais cada 5´: 2-4 / 7-10 / 11-10 / 13-12 / 17-17 / 20-21 / Descanso / 23-22 / 27-26 / 30-29 / 31-34 / 34-38 / 40-45 / Final.

Colexiado: Jose López.

Incidencias: Partido correspondente á derradeira xornada da Copa Federación (Grupo Norte II) e que, ao mesmo tempo, supón o peche da competición oficial na tempada 2024/25. Enocntro disputado na Casa Do Deporte, en Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *