Saltar ao contido

BROCHE A UNHA XERACIÓN DE OURO

A xeración 2007/2008, puxo fin, de forma brillante, á tempada 2024/25 esta pasada fin de semana, disputando o Sector nacional xuvenil (Grupo A). O evento, que xa forma parte da historia do club, levouse a cabo dende o pasado venres 2 de Maio ata o Domingo 4, reunindo os conxuntos de Barakaldo (BM.Barakaldo), León (Ademar León) e Logroño (BM.Logroño A Rioxa), á parte do propio BM.Culleredo como campión galego e representante desta autonomía. O evento traduciuse nunha festa do balonmán, reunindo a boa parte dos mellores xogadores en idade xuvenil do territorio nacional. Os de Culleredo, que non se baixan do podium galego desde idade infantil, levan ás súas costas a frienta de cinco sectores nacionais e un TOP 8, conseguido cando eran infantís de segundo ano. Por tanto, a xeración 2007/2008 forma xa, por méritos propios, parte esencial da historia máis laureada do club e intúeselle un horizonte igual de exitoso a nivel individual e colectivo, con moitos máis obxectivos ambiciosos por cumprir. Neste sector nacional, os cullerdenses comezaron fronte ao conxunto da Rioxa cos típicos nervios do primeiro partido, nunha primeira parte na que estes os atenazaron de tal maneira que non puideron despregar todo o potencial ao que nos teñen afeitos. No segundo, ante a que sería unha final anticipada, os de Culleredo e Barakaldo deron un espectáculo excelso do bo facer defensivo, nunha batalla nobre cara a cara onde a intensidade, o sacrificio e a solidariedade colectiva, fixeron vibrar a un municipal abarrotado ata a bandeira. Os dous conxuntos mostraríanse xenerosos no esforzo ata máis non poder, sabedores de que o vencedor, acabaría por obter todos os boletos para certificar o billete ao TOP 8 no último día de sector. Finalmente, o premio gordo caería ao lado dos vascos despois dun partido igualado onde os erros finais ante a portería contraria, terminarían por pasar factura aos de Culleredo. Con todo, tal e como nos teñen afeitos os xogadores do BM.Culleredo Remax Riazor, xurdirían dende a decepción do Sábado como un avión, para completar sesenta minutos excelsos de balonmán ante un histórico como o Ademar de león ao día seguinte. A vitoria, ampla e solvente sobre os leoneses, acabarían por outorgar o subcampionato ao equipo de Culleredo, pechando así un ciclo ilustre desta xeración 2007/2008.

Marco González e Hugo Díaz, serían os porteiros neste sector, secundados polos 18 compañeiros que por regulamento, estiveron inscritos no mesmo por parte da RFEBM:

Aarón Blanco, Bruno Pardo, Adrián Veira, Jorge outón, Atalo Bello, Anxo Negreira, Jose Míguel Martínez, Roi Fernández, Hugo Rodríguez, Iván Sánchez, Iago Allegue, Xoán Canedo, Samuel Seijas, Teo lópez, Jairo Míguez, Antón Pérez, Nicolás Casal e Alejo Martínez.

Todos estes xogadores e o resto de compañeiros que fixeron unha excepcional campaña quedando subcampións de Liga Prata, compoñen unha xeración cun futuro prometedor e están chamados a alcanzar as máis altas cotas nos vindeiros anos, acrecentando desa maneira a historia da fructífera canteira do BM.Culleredo.

Enlaces partidos BM.Culleredo Remax Riazor:

BM.Culleredo vs BM.Logroño La Rioja: Sector Nacional: Bm Culleredo Remax Riazor - Bm Logroño La Rioja

BM.Culleredo vs BM.Barakaldo: Sector Nacional: Bm Culleredo Remax Riazor - Balonmano Barakaldo

BM.Culleredo vs Ademar León: Sector Nacional: Bm Culleredo Remax Riazor - Abanca Ademar León "A"

Fotos partidos y entrega de trofeos:

BM.Culleredo vs BM.Logroño La Rioja: https://photos.app.goo.gl/m7KBCKPifhrkmYAv9

BM.Culleredo vs BM.Barakaldo: https://photos.app.goo.gl/q3mwB5uP3BoEtFdaA

BM.Culleredo vs Ademar León: https://photos.app.goo.gl/MxHTGkt6xkRdYxWb6

Entrega de Trofeos: https://photos.app.goo.gl/BZXAvYHExUkMrdvPA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *