
(SM) BM Culleredo - Automanía Luceros
O BM.Culleredo, pechou a tempada 2024/25 coa satisfacción do obxectivo cumprido, conseguindo unha permanencia histórica para o club e podendo afrontar as últimas dúas xornadas coa tranquilidade de saberse na categoría nacional para o próximo curso. A pesar diso, os cullerdenses non puideron selar o último envite ante o seu público con vitoria, nun encontro deslucido pola falta de alicientes clasificatorios para ambos os conxuntos.
O BM.Culleredo, saltou ao 40x20 cunha convocatoria de mínimos, ao estar os xogadores en idade xuvenil centrados co seu equipo no sector nacional que esta mesma fin de semana desenvolveuse en Tarrío. Os de Cangas, tampouco acudían ao municipal cullerdense con todos os seus efectivos e daban cabida na convocatoria a rapaces menos habituais. O dominio foi claramente visitante desde o inicio, nun encontro que presentou un ritmo moi baixo durante os sesenta minutos. Especialmente, foi o BM.Culleredo o que entrou en partido con maior falta de tensión e isto traduciuse nun 3-7 de parcial a favor dos do Morrazo. Os erros sucedíanse por parte de ambos os conxuntos, que se limitaban simplemente a pasar o trámite dunha xornada intranscendente. Os primeiros trinta minutos remataban cun 14-17 a favor dos foráneos e todo quedaba aberto para a segunda parte.
Na continuación, o partido aínda languidecería máis co paso dos minutos e a retagarda do BM.Culleredo terminaría por rebaixar a, xa de por se, escasa intensidade. O Automanía Luceros, iría aumentando os seus parciais para conseguir a vitoria por un 30-40 final nun partido sen historia.
BM. Culleredo: 30 (14+16). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Jorge López (P), Mario Bento (1), Nico Pérez (3), Marcos Regueiro (4), Mario Crecente (5), Manuel López (4), Alejandro Gómez (4), Iago Ferreiro (6), Marco García (1), Darío Pérez, Adrián Díaz (2).
Automanía Luceros: 40 (17+23). Javier Fdez , William Thompson (1), Antonio Rodal, Iago Fonseca (5), Carlos Menduiña (1), Alexandre Gallego (1), Pablo Fdez (2), Diego Rivas (1), Iago Iglesias (7), Adrián Bernárdez (6), Manuel Rodríguez (4), Sergio Piñeiro (2), Gael Blanco (4), Juan Rodríguez (6).
Parciales cada 5 ́: 1-2 / 3-7 / 5-11 / 8-12 / 12-15 / 14-17 / Descanso / 16-22 / 19-25 / 22-30 / 23-32 / 26-36 / 30-40 / Final.
Colegiados: Jordán Suárez y Daniel Valdés.
Incidencias: Último encuentro en la 1ª nacional (Grupo A) 2024/25. Partido disputado en el pabellón municipal de Tarrío con media afluencia de público.
