
O pasado Domingo, disputábase en Almeiras o primeiro partido da Copa Federación para o Bm.Culleredo Salume Cocinas. Tratábase dun derbi, un máis nesta tempada e ante un rival coñecido, xa que os de Culleredo, viñan de una dobre confrontación ante este OAR da Coruña na competición de liga. Pero o partido deste Domingo, non tiña nada que ver con aqueles, xa que si na Liga Prata, os cullerdenses superaran aos oaristas con contundencia en ambas ocasións, no día de hoxe, as baixas motivadas por una excursión escolar, deixaría cos mínimos efectivos ao BM.Culleredo Salume Cocinas, que aínda se vería na obriga de convocar a catro infantís. A merma de efectivos, marcaría polo tanto o encontro, especialmente pola falla de rotacións para dar descanso a una primeria liña con tan só tres xogadores dispoñibles. Mentres duraron as enerxías, os xogadores cullerdenses, foron quen de manter unas diferencias cercanas ao seu rival na primeria parte do encontro, aínda que estas comenzaron a ampliarse a favor dos coruñeses no tramo final deste acto para cerrar o primeiro tempo cunha vantaxe moi cómoda para o OAR (8-17). A superioridade física dos visitantes, faríase evidente no día de hoxe e definiría o encontro principalmente na superioridade en accións de 1x1. Na reanudación e xa ca fatiga facendo mella de xeito moi claro en moitos xogadores, o BM.Culleredo Salume Cocinas, rebaixaría a súas posibilidades de resistencia e vía como os visitantes ampliaban a diferencia para moverse nunha distancia xa insalvable que oscilaba entre os dez e os once goles. O partido navegaba no último tramo sen incertidume algunha e o ritmo ea enerxía do mesmo, iríase esgotando para rematar con ese 16-26 final.
Bm Culleredo Salume Cocinas: 16 (8+8). Sebastián Ponte (P), Xurxo Méndez (P), Iván Gantes, , Isaac lorenzo, Javi Orge, Martín Casal, Aarón Beade, Jacobo García, Mauro Fernández, Beltrán González-Camino, Guillermo Blanco.
OAR Coruña 1952: 26 (17+9). Santiago Becerra, Sergio Rey, Hugo Nodar, Nicolás Gamas, Carlos Ortíz, Nicolás Cid, Alexandre Marrero, Isayas Pasandín, Jose Regueiro, Raul Suárez, Antonio López, Pablo Varela.
Parciais casda 5´: 1-3 / 4-8 / 5-9 / 6-11 / 7-13 / 8-17 / Descanso / 9-19 / 10-21 / 12-23 / 14-14 / 14-25 / 16-26 / Final.
Árbitros: Martina Regueiro e Uxía Mariño.
Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada da Copa Federación (Grupo II Norte) disputado no polideportivo de Almeiras. Boa entrada con representación de seguidores de ambos os conxuntos.