Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES, MOSTRA A SÚA SUPERIORIDADE NO DERBI

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, visitaba o pavillón Vila de Noia, en Carballo, para disputar o primeiro partido dentro da competición da Copa Federación. Os cullerdenses, con menos efectivos dos habituais por excursión escolar, non se viron mermados pola falla dos seus compañeiros e conseguiron una vitoria amplia e solvente, evidenciando una superioridade manifiesta no 40x20. A primeria parte foi especialmente diferencial e aínda sin mostrar o seu mellor xogo, foi suficiente para conseguir un resultado que deixaba todo visto para sentenza. O funcionamento na parcela defensiva, con tan só catro goles encaixados, sería definitoria para pechar virtualmente o envite. No segundo acto, o conxunto cullerdense caería nunha relaxación e falla de intensidade moi notoria, implicando isto un parcial final moito máis axustado (18-21) e numeroso erros propios e de lanzamento. Finalmente, o equipo de Culleredo faise cos dous nesta competición e miraxa hacia a Final Four o fin de semana que ven, onde a disciplina táctica, a intensidade e o desempeño, terá que ser moito maior para poder imporse na primeria semifinal do Sábado (11:00h), ao Cisne Colegio Los Sauces de Pontevedra.

Hierros Varela urbieta Xiria: 22 (4+18). Gael Romero, Jorge Nielsen, Desale López, Iván Rey, Álvero Cotelo, Lucas Radio, Oscar Longueira, Gonzalo García, Sergio Pérez, Rubén Nogareda, Iker Lema, Hugo Rama, Tomás Añón, Brais Sánchez, Hector Dubra.

BM.Culleredo Despreocúpate.es: 41 (20+21). Hugo García (P), Jorge Amor (P), Jairo Candamio, Lucas Faraldo, Isaac Lorenzo, Hugo Bermúdez, Xoán Canedo, Iván Gantes, Mauro Fernánez, Diego Rodríguez, Hugo Bregua.

Colexiado: Andrés Pedreira.

Incidencias: Encontro correspondente á primeira xornada da Copa Federación (Grupo Norte I). Partido disputado no Vila De Noia de Carballo con boa presencia de pu´blico nas bancadas por parte de ambos os equipos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *