Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO, CAE EN RIBADAVIA NUN ENCONTRO DE POUCA TENSIÓN

BM Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal - Balonmán Culleredo

O BM.Culleredo, non conseguíu superar o seu rival do pasado Sábado e cedíu os dous puntos nun encontró marcado polas alternativas. Foi un partido con pouca tensión entre dous equipos cos seus obxectivos de permanencia cumpridos e onde as defensas, non se emplearon con excesiva intensidade. O BM.Culleredo tiña a posibilidade de ascender un posto na táboa clasificatoria en caso de vitoria, un obxectivo menor pero ilusionante, aínda que o empleo  no 40x20 fora moito máis relaxado que nas ocasións máis relevantes. A primeria parte transcorríu nunha liña de alternativas, con vantaxes mínimas para un e outro conxunto e coas táboas no electrónico cando se chegaba ao tempo de descanso (14-14). Outro dos alicientes para os cullerdenses, sería ver as evolucións de cinco xuvenís competindo xuntos ante todo un conxunto senior de primeira nacional, con motivo da súa preparación para a fase do sector do campionato de España que se celebrará en Tarrío este vindeiro fin de semana.

No segundo acto, o BM.Culleredo tomaría a iniciativa, conseguindo ata tres goles de diferencia que facía encarrilar o derradeiro tramo do envite con aspiracións de vitoria. Non obstante e ante a liña irregular de ambos os conxuntos, a tendencia trocaría rápidamente en poucos minutos e os locáis conseguirían darlle a volta o marcador para alcanzar una diferencia máxima de cinco goles. Nos últimos instantes, os xogadores de Culleredo voltarían a ter una última reacción para acercarse a tan só dous goles, que finalmente os alonxaban da vitoria e deixaban a clasificación para os dous equipos tal e como estaba antes de comenzar o envite.

BM.Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal: 31 (14+17). Ángel Táboas, Pablo Gayoso (4), Manuel Villalba (3), Daniel López (3), Nicolás Vizcaya (1), Ángel Riveiro (2), Miguel Cortés, David Costa (1), Nicolás Alberte, Mario Fdez (2), Denis Lorenzo (1), Lois Rodríguez (1), Jacobo Rodríguez (3), Xoel Martínez (4), Jacobo Soto (6), Rubén González.

BM.Culleredo: 29 (14+15). Xoán Varela (P), Oscar Bello (P), Alejo Martínez (3), Manuel López (1), Alejandro Gómez (7), Marcos Regueiro (1), José Miguel Martínez, Iago Ferreiro (5), Iván Sánchez (4), Nico Casal, Marco García (1), Adrián Veira (2), Samuel Seijas (1), Adrián Díaz (1), Mario Crecente (3).

Parciais cada 5´: 2-2 / 4-3 / 6-6 / 9-10 / 11-13 / 14-14 / Descanso / 15-17 / 18-18 / 23-19 / 26-22 / 28-24 / 31-29 / Final. 

Colexiados: Yonatan Lazaro e David Portugal.

Incidencias: Penúltima xornada da temporada 2024/25 na 1ª nacional (Grupo A) . Partido disputado no Pavillón do Consello (Rivadavia) con boa afluencia de público.

Fotos do encontro:

https://photos.app.goo.gl/ohwERNywHK3tQ7rP7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *