
Victoria e bó encontro regular das nosas xuvenís que seguen por un camiño envidiable.
A organización colectiva as gañas e ese impetu son a esencia deste colectivo.
O encontro comezaba cun Baía Edicións manadado na pista tanto a nivel defensivo cun sistema 6:0 onde apenas deixaban espacios libres para que o equipo rival puidera crear gran peligro a portería cullerdense. A nosas moi xuntas e moi disciplinadas coas funcións defensivas tanto a nivel individual coma colectivo . Isto da pé a contratques tanto en primeira oleada como en segunda oleada onde de novo o traballo táctico e colectivo estaba presente. Patróns que se sumas a intensidade ,a velocidade e a agresividade poden funcionar ou non pero a dinámica e moi apetecible e visible de ver.
Tan só 9 goles recibidos na primeira metade daba moita seriedade ao Baia Edicións que iase ao descanso cunha ventaxa sobresaínte.
Resultado ao descanso: Bm Culleredo Baía Edicións 18- Bm Brigantium 9
A segunda metade tivo o mesmo reflexo da segunda , un Baía Edicións que a nivel defensivo non baixou o tono , sempre moi xuntiñas e moi agrupadas na zoa de balón para logo correr e bascular as zoas onde necesitábase unha axuda urxente.
Na fase ofensiva o equipo seguía a xogar o modelo de xogo , intentando ter un pouco máis de creatividade , custou por momentos xa que a presión da defensa do Brigantium en certos momentos facianos dudar pero comezaron a xurdir de novo esa disciplina e o entendemento do xogo . Isto dáballe unha boa dinámica ao encontro , un encontro que o tivo encarrilado en todo o momento o equipo cullerdense.
Noraboa pola dinámica exercidada en todo o encontro , pequenos xestos pequenas miradas que hai veces que din todo .
Resultado final : BM Culleredo Baía Edicións 35- Bm Brigantium 16
Bm Culleredo Baía Edicións: Aroa García, Sara Bello, Paula Peteiro, Lúa Fernandez, Leire Barbeito, Carla Corral, Carla Muiño, Irene Rodriguez, Aldara Piñeiro, Rosalía Veiga, Alba Fernández,Luana Gómez
Bm Brigantium :Alba Miguez, Ainara Iglesias, Uxía Seoane, Martina Cousido, Candela Garcia, Yaiza Maquez, Daniela Hermo , Daniela Mato, Noelia Gregori
Parciais cada 5`: 4-1/6-1/9-5/14-6/16-7/18-9/20-8/28-10/25-12/29-12/33-15/35-16
Incidencias: Xornada 3 da Copa Federación , disputada no pavillón Municipal de Almeiras.
