Saltar ao contido

VICTORIA DO SUTENOR PERO CUNHA DINÁMICA QUE PRECISA CAMBIAR

As nosas infantis desputaban o primeiro encontro da Copa Federación ante o subcampión da liga prata .O inicio do encontro xa tivo tendencias a desconexión ou a non querer dar un paso adiante . Só con actitude e dinámica poderiase conseguir. Ainda así a superioridade do equipo cullerdense era visible. A diferencia era clara , pero no último treito da primeira metade o equipo baixou os brazos e deixou de competir , deixou de levar a iniciativa para otorgarsella ao equipo rival . Xestos baixos , actitude pasiva....

Resultado ao descanso: Bm Culleredo Sutenor 14- Bm Atlántico 15

Na segunda metade o equipo cambiou algún factor determinante aínda así a falta de solidaridade a falta de entendemento do colectitvo fixo que o equipo rival seguira competindo . A defensa estaba a ser moi individualizada , sen precisar a situación do balón e das compañeiras colidantes. Non se estaba no encontro , os pensamentos non era de querer competir.A concentración está noutros lados , non no encontro . A valentía, a garra o querer máis apenas estivo presente no encontro e iso ten que ser innegocible . A expresión corporal o facial ten que ser activa, agresiva, dinámica e isto non se produce, a verbas comunicativas són unha expresión fundamental no xogo colectivo , pero tampouco están . Moito hai que cambiar se se quere competir nun campionato de estatal. Un campionato estatal que a priori vais ser moi compricado pero como dicimos en Culleredo ¨Polo menos competir , iso ten que ser a nosa identidade ¨

Resultado final: Bm Culleredo Sutenor 52- Bm Atlántico 27.

BM Culleredo Sutenor: Helena Portas,Aroa Bestilleiro, Candela Tizón , Aroa Martinez, Alba Romero, Salma Martinez, Noa Otón, Aitana Gestal, Uxía Seoane, Aldara Allegue, Aitana Gestal.

Bm Atlántico: Martina Rodriguez, Amalia Vilela, Julia Uzal, Martina Nuñez, Erika Larrea, Aurora Galán, Ana Gajate, Martina Nuñez, Adriana Salgado

Parciales cada 5`: 6-2/12-3/17-4/22-8/24-15/31-16/37-20/40-24/45-25/52-27

Árbitros: Jorge y Victor

Incidencias: Xornada 1 da Copa Federación , disputado no pavillón Municipal de Almeiras, en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *