Saltar ao contido

NOVO DERBI CULLERDENSE DAS NOSAS CADETES

Os dos nosos equipos de cadete feminino se enfrontaban este sábado en Almeirtas para disfrutar dun encontro moi especial .

O encontro comezaba cun Fisioterapia Benestar mandando na dinámica do encontro tanto a nivel defensivo coma ofensivo , a velocidade e intesidade estaba a ser una das grandes diferencias. O Abogacia moi plano en ataque sen ser verticales estaban a ter un gran problema nese sentido , xa no se conaseguia nin atacar e ainda por enriba se perdían os balóns. Isto condenaba os primeiros compases do encontro ao Canosa Abogacía.

Co paso dos minutos o Canosa Abogacía foi entrando a nivel ofensivo no encontro , pero ainda así faltaban moitos motivos para poder intentar igualar o encontro . Mentres o Fisioterapia Benestar seguía marcando a dinámica do encontro . As situacións de xogo colectivo estaban a funcionar e as situacións individuais estaban a ser moi determinantes.

Resultado ao descanso : Bm Culleredo Canosa Abogacía 11 - Culleredo Fisioterapia Benestar 18

Na segunda metade o Canosa Abogacía deu por acabado o encontro xa dende o comezo desta. A actitude e valores deportivos para competir como a intensidade , a valentía, o corazón .... desapareceron totalmente, isto o aproveitou o Fisioterapia para rematar o encontro nos primeiros 10 minutos da segunda parte onde non encaixaron ningún gol . O Canosa Abogacia renunciou a calquer intento de reacción . Non habia axudas , tan só cun 1x1 o Fisioterapia Benestar conseguía o éxito ofensivo , ninguén se axudaba e isto tan só ten un resultado a nivel competitivo .

Cerrabase o encontro e quedaban por diante 20 minutos onde todo xa estaba cerrado. O Abogacia Canosa baixou os brazos que só os levantou nun breve tempo na primeira metade e o Fisioterapia Benestar continuou co plan de encontro .A diferencia entre os dous equipos a nivel balonmanistico era moi crecente pero a nivel de emocións e valores tamén o foi en prácticamente todo o encontro . O xesto corporal di moito das emocións individuais e colectivas, o empuxe de enerxía as comunicacións verbais no encontro son xestos expresivos que denotan o estado dos equipos. Sin estes aspectos como se poderían dicir outros non se pode competir son xestos que sempre deben de estar presentes pese a un resultado , pese a un momento determinado sexa a curto, medio o longo prazo.

Final do encontro: Bm Culleredo Canosa Abogacía 18- Culleredo Fisioterapia Benestar 42

Bm Culleredo Canosa Abogacía: Sara Bello, Cintia Miguez, Luana Gómez, Aldara Piñeiro, Alba Sanmartin, Eva Outón , Thais Villaverde, Sara Villar, Claudia, Celia González,Simona Seo.

Bm Culleredo Fisioterapia Benestar: Helena Portas, Maria Otero, Sofia Meijide, Rosalia Veiga, Antía Ferreño,Alba Fernández, Irene Rodriguez, Noa Otón , Aitana Gestal

Parciais cada 5`: 1-2/3-8/5-14/6-16/8-17/11-18/11-27/11-29/12-33/15-36/17-39/18-42.

Árbitros: Paula Peteiro e Iago Allegue

Incidencias: Xornada 1 da Copa Federacion grupo Norte, disputado no pavillón Municipal de Almeiras, en Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *