Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, TAMÉN SEGUE FIRME NA COPA.

O BM.Culleredo Remax Riazor, continua con velocidade de cruceiro na competición e amplía o seu o excelente refacho tamén na Copa Federación. O pasado domingo, un conxunto con ata seis cadetes nominados, que formaron xuntos en varios minutos do partido, conseguiron vencer de forma convincente no derbi ante o BM.Atlántico, para así liderar o grupo 1 Norte nesta competición. Nun encontro onde ambos os conxuntos acumularon numerosas perdas e fallos de lanzamento ante a portería rival, o BM.Culleredo Remax Riazor comenzaría a abrir brecha no marcador a partires do meridiano do primeiro acto. Aínda que o partido comezaba igualado, con parciais de 3-2 e 4-3, os cullerdenses lograrían un primer parcial de 2-5 para establecer unha diferencia cómoda (5-9), que remataría con outro de 1-4 para irse ao descanso cun resultado de 9-16 que ao cabo, sería unha laxa difícil de recuperar para o conxunto local. O bo facer a nivel defensivo dos de Culleredo e de Marco na portería, encarrilaba de forma clara o envite para os intereses dos cullerdenses.
Na continuación, os inicios foron erráticos por parte de ambos os conxuntos, acumulando varios erros de lanzamento que impedían distanciarse aínda máis ao equipo visitante. Con todo, no momento que o BM.Culleredo Remax Riazor puxo a pausa e conseguÍu minimizar os erros ante a portería rival, a tónica volveu ser a mesma que nos primeiros trinta minutos e os cullerdenses terminarían por incrementar a diferenza para alzarse co triunfo por dez goles (17-27).

Club BM.Atlántico: 17 (9+8). Roque Vallejo, Pablo Pardo, Emilio Méndez, Enmanuel García, Pablo Castiñeira, Pablo Pardo, Fabio Pasantes, Daniel Maceiras, Diego Carracedo, Enrique Núñez, Gonzalo García-Armero, Miguel Ángel Fdez, Martín Vinagre, Adrián Insua, Daniel Archilla, Daniel Maceiras.

BM Culleredo Remax Riazor : 27 (16+11).  Hugo García (P) , Marco González (P), Hugo Bregua, Jairo Candamio, Alejo Martínez, Lucas Faraldo, Josemi Martínez, Bruno Pardo, Adrián Aneiros, Xoán Canedo, Nicolás Casal, Jorge Outón.

Parciais  cada 5 ‘: 2-3 / 3-4 / 5-9 / 7-12 / 9-12 / 9-16 / DESCANSO/ 11-19 / 13-20 / 14-21 / 14-23 / 16-24 / 17- 27 / FINAL.

Colexiados : Jorge Sánchez e Luis Daniel Arias.

Incidencias: Xornada 2ª no Grupo 1 Norte da Copa Federación en categoría xuvenil masculina . Encontro desputado no polideportivo Valle Inclán que presentou un ambiente excepcional por parte das aficcións de ambos os equipos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *