Saltar ao contido

O BAHÍA EDICIÓNS E O FISIOTERAPIA BENESTAR RECOLLEN O PREMIO DE CAMPIÓAS

O pasado sábado no Pavillón Municipal de Tarrio, e xusto antes do partido Senior no que se enfrentaría o Balonman Culleredo ao Calvo Xiria, as nosas xuvenís e cadetes acudían a entrega de premios na que un membro da Federación Galega lles entregaría os trofeos de Campióas da Liga xuvenil e cadete de Prata da tempada 2024-25.

En primeiro lugar foron as xuvenís do Bahía Edicións as que recibían as medallas e trofeo que as acreditaba como Campióas, seguidas polas cadetes do Fisioterapia Benestar, e rematando cunha foto conxunta, co respectivo representante da Federación Galega e a directiva do clube.

Un evento cargado de emoción, cun Pavillón cheo celebrando e arropando as xogadoras que tanto loitaron e se esforzaron, ademáis do compromiso de todas elas e os seus familiares, xunto ao corpo técnico, que levan anos traballando para poder conseguir estes logros.

A sección Feminina do club segue crecendo e abrindo camiño a futuras xeracións, convertíndose en referentes das máis pequenas e conseguindo ano tras ano crecer en número e logros, todo un orgullo para o Balonmán Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *